viernes, marzo 30, 2007

Colorín Colorado

COLOURS ARE BRIGHTER. Disco, cando menos curioso, bonito, ben coidado e de gran calidade. Composto por temas de xente tan destacada como Franz Ferdinand, The Divine Comedy, Belle and Sebastian, Snow Patrol, The Kooks, Half Man Half Biscuit, etc... Música infantil para un público maduro. Curioso. Se tivese que enviar unha canción deste disco nunha nave espacial con dirección descoñecida, o gran Neil Hannon e a súa divina comedia terían o privilexio.

lunes, marzo 26, 2007

A Esmorga


Promoçom e defensa da Língua e Cultura Galegas, do Meio Ambiente, e de Ócio Alternativo para a mocidade. www.agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga

Rua Telheira, 9 [Zona Universitária] - Ourense (Galiza)

jueves, marzo 22, 2007

Got your lipstick mark still on your coffee cup

Se hai un grupo de éxito na actualidade polo que non apostaría nada fai anos ese é sen dúbida Take That. Típica boy band británica de fábrica para adolescentes. Noa 90 tiveron moito éxito, pero foron ensombrecidos e esquecidos prontamente por grupos dos seu mesmo estilo, non fai falta citar a eses grupillos. I want you back I want you back. O anunciado retorno, envolto nunha xira plastificada coa excusa dos remordementos e ecos do pasado, xa comezou mal desde o momento en que Robbie Williams riuse á cara dos que presaxiaban unha pronta reunión da banda. Non hai que esquecer que este home foi quen propiciu e prendeu a mecha ádisolución do grupo. Pobre Cousteau, qué mal o pasou, jajaja, bueno non creo. É coña, non te piques. Sabes que a min tamén me gustaban e fuches tú quen me deixou a cinta deles "nobody else". O outro día lembrei falando cunha amiga o momento no que se anunciou a disolución de Take That. A vida é así. Gary Barlow que era a voz solista fracasou estrepitosamente. Mark Owen (o preferido das máis recatadas por nin pinchar nin cortar) esnafrouse cun single titulado "child". Lembro que a portada era de cor verde. Os outros dous deberon adicarse a outros menesteres, ou vai ti saber.
Patience, hit radiofónico que chegou ao número 1 en case tódolos países, polo menos da UE. Quen o diría. Éxito outra vez. Alégrome por eles e compadézome da xente que lle gusta realmente a música. Just have a little patience.

miércoles, marzo 21, 2007

The Brian Jonestown Massacre


Ou o que é o mesmo, Anton Newcombe . Home cunha personalidade digna de ter un apartado especial no DSM-IV. Alma creativa desta agrupación que tivo os seu máis e os seus menos e que ante todo é invendible. Discazos como Give it back deixan a un contentísimo. O seu efecto dura cando menos unhas semanas. Podedes baixar toda a súa discografía desde a web oficial do grupo www.brianjonestownmassacre.com Aproveitádeo porque non ten desperdicio. A día de hoxe, este homiño é un auténtico artista de culto. Non quero pensar o que pode pasar en dez ou vinte anos.


domingo, marzo 18, 2007

Os gatiños da Blanquita



A miña gata xa pariu. Tivo tres lindos gatiños.

lunes, marzo 12, 2007

Carriega


Moito se fala estes días da rivalidade existente entre Betis e Sevilla. Botellazos, insultos, ameazas, provocacións, ..., a lista de despropósitos é interminable. Pois ben, en Allariz temos á solución a este problema. Chámase "Carriega", o meu admirado veciño que con nostalxia aínda nos emociona coas súas trepidantes historias e anécdotas do fútbol profesional español. Luis Cid "Carriega" foi entrenador dos dous equipos, e seguro que algo tería que dicir. Por preferencias, os de Allariz sempre lle teremos un cariño e aprecio especial aos béticos por teren regalado esas maravillosas equipacións deportivas ao equipo da nosa vila. De feito, en gran medida a eles debémoslle que sintamos algo especial pola cor verde.
Traxectoria como entrenador:
Cartagena (61-63)
Tarrasa (63-65)
Europa de Barcelona (65-66)
Langreo (66-68)
Sporting de Gijón (68-72)
Zaragoza (72-76)
Sevilla (76-79)
Betis (79-81)
Atlético de Madrid (81-82)
Elche (82-83)
Celta (83-84)
Betis (84-86)
Figueres (86-87)

viernes, marzo 02, 2007

Nai primeriza

A gata máis bonita do mundo está preñe. As hormonas felinas da xaneira son infalibles. En poucos días a Blanquita vai ter gatiños. Quen queira algún que avise. Xa se sabe que traen bastantes e nestes animais a oferta sempre supera á demanda. Aviso que se saen á nai son moi valiosos e cazadores. Entre as víctimas desta bigotuda branca podemos atopar: ratos, ratas, paxaros, toupas, lagartos, moscas, libélulas, mantis relixiosa, etc...