miércoles, febrero 27, 2008

The lamb ran away with the crown

Once I heard a serpent remark, "If you try to evoke the spark, You can fly through the dark, With a red midnight raven, To rule the battleground," So I drew my sword and got ready, But the Iamb ran away with the crown. So I drew my sword and got ready, But the lamb ran away with the crown.

Judee Sill (1944 - 1979)

martes, febrero 26, 2008

Franz Ferdinand no Rock In Arganda del Rey

Alex Kapranos xa llo dixo á miña cuñada Claire, "let's go to King's Arganda"". O certo é que este festival era moi descartable nun principio se temos en conta que tiña como atractivo a Alejandro Sanz e a El canto del Loco, non obstante, parece que aínda imos ter que pensar se hai que ir. En fin, sempre quedará Benicassim ou o Summercase. Sen esquecernos da supervisita do ano, RADIOHEAD no Daydream Festival.
Foto: Claire e Alex Kapranos tras un concerto de Franz Ferdinand en Newcastle o 27 de Novembro do 2005.

lunes, febrero 25, 2008

Vai por Pablo Sax

Xa fai tempo que non me paso polo Latino. Se o Mércores queres escoitar "rollito tranqui a lo Stan Getz", ir será a mellor opción. Se cadra é algo tarde, pero vamos, éche o que hai.

domingo, febrero 24, 2008

... en brevaxe fm (2ª parte)

Volto a Brevaxe Fm este Luns 25 de Febreiro ás 18:00 h en Radio Allariz. Desta vai unha selección de música en doce pulgadas feita con vinilo. Vémonos.

Canción de amor

Conforme pasan os capítulos máis podes rirte con "Padre de familia". Nun episodio saía Peter Frampton e tiña que interpretar esta canción ós dous protas para que a morte non o levase por diante. Como detalle gracioso, tamén lle dicía "e leva ese aparatiño que conectas á boca co que fas buahh buahh buahh", en clara relación ó Talkbox que sempre adoitaba usar Peter Frampton. En fin, unhas risas.

sábado, febrero 23, 2008

O MAGO GUSI

ACHTUNG!!! ACHTUNG!!! Hoxe veño con material fresquiño, un pequeno extracto do que foi a actuación do MAGO GUSI no local A Esmorga este Venres 22 de Febreiro. Diosss que risas Gusi, facía tempo que non desfrutaba tanto dun show. Agora sí, mándalle un Gusitruco.

video

martes, febrero 19, 2008

Furita Master Class

Atención, hoxe o curso de Xurxo volta á súa vertente máis pedagóxica. Xa que estamos aínda dixerindo a nova da renuncia de Fidel, para tódolos cubanófilos vai este post. Unha lección práctica de como se toca o bongó segundo Carlos Fdez. Durán, máis coñecido como O Tigre de Nanín. Unha aperta amigo.

video

lunes, febrero 18, 2008

La Palma Valenciana

Menudo temazo. A quen non lle gusta bailar este pasodoble? Estrellita Castro cantando Suspiros de España. Vai adicado ás xentes de ben que van ler a prensa e xogar ó xadrez ó Liceo de Ourense.

sábado, febrero 16, 2008

Tamurriata nera alla Kurda

Hoxe ides ver ao gran Bülent Emir, un virtuoso do baglama que me atopei en Estambul e de quen me fixen un bo amigo. A casualidade quixo que nos coñecésemos nunha tenda de instrumentos tradicionais. Eu en plan guiri estaba probando un baglama pra mercar e de súpeto entrou él e comezamos a charlar, en fin, causoulle gracia ver a un fulano coma min que non tiña nin idea jajaja. Acto seguido comezou a desvelarme consellos sobre técnica, afinación e interpretación do instrumento. Así botamos polo menos unha hora. Disfrutade do gran Bülent Emir, mestre indiscutible da música kurda.

miércoles, febrero 13, 2008

Les chauffeurs du dimanche!

Este Sábado toca ir ver aos Sunday Drivers a Santiago. God save the Sennheiser MD 441-U.

domingo, febrero 10, 2008

... en brevaxe fm

Este Luns 11 de Febrero vémonos de novo nas ondas herzianas do 107.2 fm. Colaboración especial co amigo Anxo de Brevaxe Fm. Podedes escoitar o programa pola radio de toda a vida ás 18:00 h ou por "internet no trabaja". Vémonos.

viernes, febrero 08, 2008

Kin García

Moitos xa o coñeceredes porque o su xeito de tocar o baixo é inesquecible. Kin García, quen foi o meu mestre musical durante varios anos, interpretando unha "muñonada" na 1ª semana do jazz galego e presentando o su disco "O lobo morde a man". Disco que podedes atopar nas tendas decentes. Disfrutádeo.
P.D.- O mel non se fixo para a boca do asno.

martes, febrero 05, 2008

Supermartes

Chegou o gran día das eleccións primarias norteamericanas. Hoxe é o gran momento de atilano, coa súa trompeta deixará aos candidatos perdedores na primeira cuneta de camiño a San Marcos. Xa veremos quen chega á superpantalla.
P.D.- Aproveitade o que queda de Entroido.

lunes, febrero 04, 2008

Concertos interesantes

The Sunday Drivers _ 16 de febreiro. Sala Capitol (Santiago de Compostela)
UKE _22 de febreiro. Café & Pop Torgal (Ourense)Facto Delafé y las Flores Azules _29 de marzo. Sala Karma (Pontevedra) Esta sala está xusto ao ladiño do piso de mon frére.

domingo, febrero 03, 2008

Aquel verán suicida

Ordeando uns caixóns, atopei uns cd's dun disco duro formateado. Menuda alegría levei o atopar este video. Xa van facer polo menos 4 anos desde a grabación deste. Unha tarde de agosto na cantera, lago medio perdido e supostamente altamente contaminado no concello da Bola. Un oasis.

video
Non hai nada mellor para os sentidos que escoitar o piano de Bill Evans.

Waltz for Debby, unha melodía que non escapa da túa cabeza.

sábado, febrero 02, 2008

O concerto do tellado

30 de Xaneiro do 69, último concerto dos Beatles. Aparte dos 4 de sempre, tamén tocou as teclas nesa ocasión o gran Billy Preston. That's the way god planned it.