domingo, marzo 30, 2008

Festival do Norte '08

Un ano máis temos en Vilagarcía de Arousa un bo cartel de artistas. Aínda que este ano coincida coa proba da festa do boi, moito me temo que esta semana mercarei o abono para os dous días. Está decidido.

miércoles, marzo 26, 2008

Bola de nieve

Bola de Nieve construindo o mito do café.

lunes, marzo 24, 2008

Huun-Huur-Tu

Dios mío, aínda non o podo crer. "Kaagal-ool Khovalyg, Sayan Bapa, Anatoli Kuular e Alexai Sarytlar, é dicir, Huun-Huur-Tu, a banda máis coñecida da asiática República de Tuva, estará de volta en España a mediados do mes de Maio" http://www.desconcierto.com/ O mellor de todo é que estarán o 18 de Maio en Allariz (en plena festa do boi). IMPRESIONANTE. O Matos aínda non o debe de saber. Tuva rules.

sábado, marzo 22, 2008

O crimen do siglo

En el mes de Mayo, José empezó a recibir asiduamente en su casa la visita de las jóvenes.
- "José ábrenos que somos nosotras".
- "Muy bien"
«Y era, cuando ellas tenían, ese interés, en ir a cama; porque una quedaba libre así, en compló, pa revolver, buscando dineros.»
~ Jose Tojeiro explicando el malévolo plan de las prestiputas.

«Se ponían voluntarias, pa darles cualquier cosa, cualquier palabra amorosa...»

«Me echaron droja en el colacao, que yo noté que durmiera muchas horas, imposible, que yo duermo muy pocas horas. Nunca dormí más.»

«Delgadita pelo largo, la segunda una rubia de 32 años, y la, de pelo largo 26»

«Eran prestichutas buscando domicilios para hacer la prestitación, pero no por prestitación, si no por robar: mientras que una da el placer de prestitación, la otra es cuando anda buscando objetos que le sirvan, dinero mucho mejor.»
~ Jose Tojeiro resuelve el crimen.

viernes, marzo 21, 2008

Hats Off To Larry


Del Shannon encarna sen dúbida o icono xuvenil americano, de como un rapaz dun pequeno pobo granxeiro dos Estados Unidos pode chegar a ser unha estrela. Gozou de moito éxito gracias a cancións como Runaway que deron a volta á bóveda celeste. Unha vida de película. Os Travelling Willburys quixeron darlle unha última oportunidade trala morte de Roy Orbison, pero, sumido nunha depresión, decidiu por fin á súa vida cun disparo letal na cabeza cun rifle do calibre 22.

Facendo un megamix

Nestes tempos de Ableton Live e Pro Tools penso que debe ser máis cómodo. Os inventores do megamix español ofrecen unha lección de como facer remezclas. Dos creadores de Lo + Duro, Máquina Total, Bolero Mix, Demolition Mix, etc...

miércoles, marzo 19, 2008

It's De-lovely

Se existise unha tenda na que se puidera comprar o talento, eu mercaría sen pensalo o de Cole Porter. Nin Beatles, nin farrapos de gaitas. Cole Albert Porter, algo así como o máis parecido e equivalente a Mozart na música popular do século XX. Hit tras hit, himno tras himno, as súas cancións poden escoitarse en todos lados, dende en anuncios da Tv ou películas, ata nun inicio de concerto dos Sunday Drivers. Non sei como nunca vos falei por estes lares do meu amor pola música de Cole. Un home que tiña a matrícula nº1 do estado de Nueva York e podía aparcar onde lle petase tiña que ser un crack.

http://es.wikipedia.org/wiki/Cole_Porter

viernes, marzo 14, 2008

A miña última compra

Ola amigos, preséntovos a miña última adquisición via ebay. Creo que xa se deixaron de fabricar os carretes pero ainda se venden. Sempre quixen ter unha e o outro día falando co meu irmán, loubamos moito as maravillas deste prodixio da fotografía.

domingo, marzo 02, 2008

A concesión saiulles rana

Allariz. Sábado 1 de Marzo ás 18:30. O pobo está paralizado polo mitín do bloque no recentemente reformado Pavillón Municipal de Deportes. Mentres, na milla de ouro do casco antigo, un desorbitado volumen musical innunda as apacibles rúas da zona histórica. Comeza a soar I Get Around dos Beach Boys, seguido do Hotel California. A xente que se atopa no interior do museo galego do xoguete acude atónita á última venada do centro social. Nunha batalla de decibelios contra o local dos Antikabaleiros, o fillo do conchito ameaza con sacar os altavoces á rúa. Finalmente o centro social pon dous bafles, un en cada balcón e veña caaaaañññaaa. Os clientes de Adolfo Domínguez flipan, mentres, a música segue soando cada vez máis alta. Ás 19:00 chegan as forzas da orde e dan por clausurada a guerra. Por sorte para o xerente do local, pra cando chegaron os locais sonaba New Kid in Town e xa rematara a catarsis do solo final de guitarras a varias voces do Hotel California. Xa veremos como acaba todo.

sábado, marzo 01, 2008

Frikivisión

O certo é que non sei como fan, porque a pesar de ser un envento infinitamente obsoleto, as cabeciñas pensantes sempre consiguen que a xente, xa sexa por Operación Tufo ou chorradas similares, esté enganchada e á expectativa de quen vai a Eurovisión. Estes días vai resolverse a incógnita.

Déixovos un video da interpretación de Domenico Modugno neste festival, de cando Eurovisión era algo decente e non unha cloaca de frikis. Vémonos.

Adicado a Paloma e Matos, que xa andan falando de organizar unha cea para ver Eurovisión 2008. Recomendo ler a entrada que lle adica ó tema Paloma no seu fotolog.
http://www.fotolog.com/cona__frita/40703208