miércoles, abril 30, 2008

Unha debilidade máis

A quen non lle guste Radiohead, síntoo moito.

lunes, abril 28, 2008

Nolli Me Tangere

... we'll walk in the sun.

En breve.

miércoles, abril 23, 2008

A marcha dos ladróns

Cantas veces cantaría esta canción de pequeno.

when I look in your eyes

I can see your soul ...

martes, abril 22, 2008

Don't think twice

Hai cancións que vale a pena volver escoitar.

domingo, abril 20, 2008

Pontevedra e a súa actuación

Fai unhas semanas, aproveitando que Sara e Alves xa non andan no museo do brinquedo alaricano, viaxamos ata Pontevedra pra facerlle unha pequena visita a Miguel e a Claire. Na viaxe de ida, unha nube de merda aceitosa e graxa que saía dun camión deixounos o coche perdido. Cando chegamos a unha gasolinera tivemos que facer cola pra poder lavalo, xa que nós non éramos as únicas víctimas deste accidente. Bueno, dicir que foi un Sábado moi entretido e bla bla bla, tararí que te vi.

Comendo nun restaurante puidemos disfrutar da actuación de Lucio, o camareiro estrela do Asador O Fanal.

miércoles, abril 16, 2008

Q Lazzarus

Voz que interiorizas e resona no lado máis oscuro da conciencia. Q Lazzarus sonaba no radiocassette de Bufallo Bill mentres este cosía o vestido que lle daría a felicidade de verse transformado nunha muller e agardaba a que a pel da súa última víctima estivese lista para curtir. Goodbye Horses.

lunes, abril 14, 2008

II República

Con tanto aniversario e lembranza da II República, xa parece que non nos acordamos que tal día como hoxe o TAITANIK chocou contra un iceberg. Velaí tedes de novo unha redición do clásico narrado por Jesus Forest.

jueves, abril 10, 2008

Nunca me gustou moito o fútbol

Pero hai que recoñecer que unha foto histórica como esta non se ve tódolos días. Equipo de infantís dos que hoxe virán tendo 24 - 25 anos. Nieto, que paciencia che cumpría. Unha aperta para todos.

lunes, abril 07, 2008

Domingo en Oseira

Tumbado na herba, falando coa mellor compaña que un poida imaxinar e ter, observamos a un monxe dando un paseo. Na viaxe de volta escoitamos Ahí ven o maio! de Luis Emilio Batallán.

miércoles, abril 02, 2008

Tú que podes vai a Benicassim

Diosssssss Benicassim definitivamente é o meu preferido, sempre teñen un as na manga co que consiguen sorprendernos e emocionarnos. Estaría moi ben ver a Sigur Rós, que digo ben, xenial. Pero mi maaaa, The Brian Jonestown Massacre, eso xa é moito. E Death Cab for Cutie, seguramente un dos grupos poperillos que máis me gustan. Benicassim, tan preto e tan lonxe. Que se lle vai facer, non creo que poida ir porque, se non me fallan as previsións, estarei do 15 ó 29 de Xullo percorrendo Turquía. Allahu Akbar!!!