lunes, diciembre 29, 2008

O meu amigo Carles Da Aira (forma parte do grupo) regaloume o último disco deste grupo catalán de música folk medieval. Postos a pór etiquetas a de Miguel de Roimelo "música medieval non de princesitas e castelos encantados, medieval de merda, de palla, de enfermidades". O certo é que describe moi ben o ambiente que na túa cabeza vai recrear a escoita deste gran disco. Novidoso porque xa de por sí non é algo moi habitual de ver por estas terras de folk celta ou místico ortigueirano que é Galicia. E novidoso porque aparte do musical, conxuga o que debía ser un auténtico grupo medieval, músicos e espectáculo na rúa sen parar no que a xente é quen de vivir unha experiencia bubónica. Gran disco.

Fotos en 35 mm

Para plasmar un momento importante ou non tanto, nada mellor que unha cámara réflex das de toda a vida.

miércoles, diciembre 24, 2008

Por qué se ten que terminar?

Se tes unha Polaroid apura a fundir carretes porque esto ten os días contados. Haberá que pasarse a Fuji.

martes, diciembre 23, 2008

E tocou en Allariz


E mira que hai lugares no mundo onde podía tocar e foi nesta pequena administración das Galerías Oliveiras, outrora o Ponte Vella alaricano e agora non máis que un pequeno atallo para ir ó Bar Budy (recomendado 100 %, sobre todo polo bo trato e a boa man na cociña da señora Concha). Eu sempre falarei ben deste barrio pese a súa disparatada urbanización porque me toca moi pero que moi de cerca. Aínda que agora xa non sexa residente deste maravilloso lugar (mudámonos no Mundial do 94 dos Estados Unidos), síntoo moi de cerca porque mira que foron tardes e tardes as que pasei diante desas portas. A fortuna estaba detrás dunha delas pero non houbo sorte á hora de entrar. Vai ser máis que certo eso de estar no lugar e o momento adecuado. Porque case tódolos veciños tiñan algún décimo vendido nesta administración, o meu pai sen ir máis lonxe tiña 3 números e mira tú, nanai de nanai. Algúns milloncetes quedarán en Allariz, por certo en merecidas mans, e outros seica foron levados por turistas. É o que ten este meu Allariz, moito traballamos e sempre estamos cun sorriso na cariña pra sair guapos na foto.

domingo, diciembre 07, 2008

Sivan Perwer

Algo así como o héroe musical da causa Kurda e da súa música. Como se pode apreciar, leva o clásico pantalón kurdo, que tanto se ve últimamente por estas terras. Eso sí, teño que dicir que só llo vin posto a homes acompañándoo cunha chaqueta elegante. Na miña visita a Urfa merquei un de cor marrón e en Mardin un negro.

Voltando ó tema, o de sempre, se alguén está interesado en escoitar a Sivan Perwer, xa sabe o que debe facer, youtube, etc ou falar comigo. Á bientot.

viernes, diciembre 05, 2008