miércoles, abril 20, 2011

Nouredine Khourchid & Derviches de Damasco (Siria)


Estarán este Xoves 21 de Abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ás 23:30.

jueves, marzo 31, 2011

Un home que o fai tudo bem

Rodrigo Leão ou tamén coñecido como ex-Sétima Legiao, Madredeus. A súa música é como o desplome dun barrio lisboeta condenado á demolición polo seu estado de ruina. Unha maravilla. Nesta canción únese o talento de Neil Hannon (The Divine Comedy). É moi probable que chores cando a escoites.

miércoles, marzo 30, 2011

Emilio Calatayud


WebIslam
Mítica intervención de Emilio Calatayud e a súa visión sobre a educación dos menores de hoxe en día.

"Je t'aime... moi non plus"

Boas, despois de tanto tempo sen actualizar, fágome eco dun artigo moi interesante que apareceu en WEBISLAM sobre a guerra de Libia. De como os intereses franceses están por detrás de todo. Petróleo, nacionalización, etc. Moi ben documentado. Non quero defender ó parvo de Gadafi, pero tampouco me creo nada do que veña das coalicións internacionais (USA and Co. Ltd.)
Aproveito para saudar á xente de Webislam que tan ben me acolleu na súa casiña de Almodóvar del Río.

jueves, febrero 17, 2011

Feito a maldad

De rabiosa actualidade. Non se fala doutro documental últimamente, e con razón. "COMPRAR, TIRAR, COMPRAR". Un traballo feito por Cosima Danoritzer mostra os motivos polos cales as cousas de hoxe en día son unha merda e non duran máis que catro días. Bombillas que só teñen unha certificada unha duración de 1.000 horas cando fai cen anos eran de 2.500. Why? Polo de sempre, as pesetas e as ganas duns poucos de forrarse mentres non parar de rir ás nosas caras.
A web de RTVE (La 2 emitiuno) ofrece a visión íntegra do documental.
Quen atope, por casualidade, unha bombilla feita na RDA que non lle mire o prezo, duran máis de 25 anos.

sábado, febrero 12, 2011

James Blake


Xa sei que se cadra chego algo tarde. Que importa. Ahí vai a miña aposta para a primeira metade do ano. JAMES BLAKE. Dolce gosto.

Godini Godini


Nunha tenda de discos da cidade búlgara de Plovdiv (cuna de Stoichkov) atopei, por casualidade, esta canción nun disco titulado Bulgarian Folk Heritage. Dirixida por Stefan Kanev e interpretada por Verka Siderova, Godini Godini é unha maravilla musical emocionante que transmite, como se fora un bucle, a dor e angustia perpetua dos balcáns.

Un saúdo moi grande a Vili, o rei das atigüedades e cacharradas de Veliko Turnovo.

jueves, febrero 10, 2011

Un poco de investigación histórica

"Un mapa elaborado por el historiador norteamericano Justin McCarthy revela cómo millones de refugiados musulmanes fueron desplazados de sus lugares de origen o simplemente perecieron durante la caída del Imperio Otomano, un hecho hasta ahora prácticamente ignorado por los historiadores occidentales."

El documento puede consultarse (en inglés) en esta dirección: http://www.tc-america.org/media/Forced_Displacement.pdf

Fuente: http://www.hispanatolia.com/

domingo, enero 30, 2011

Zombis en Gran Hermano

Maravilla británica sobre un xénero que cada vez, curiosamente, pega máis. Unha infección asola ó Reino Unido convertindo a quen a contrae en zombi. É noite de expulsións na casa de Big Brother e a emisión vese abruptamente interrumpida. Os non mortos acosan ós habitantes da casa de Guadalix de la Sierra. Mercedes Milá, vai buscando un escondite.

jueves, diciembre 23, 2010

O amante guisante

Simpático video. A semana pasada estiven no concerto que deron en Pontevedra (con artistas invitados sorpresa inclusive) e coma sempre, xenial. Profesionalidade ante todo.

martes, noviembre 30, 2010

DEOLINDA


Unha proposta increible. Os nosos veciños do sur seguen sorprendendo ao persoal.

Give me acoustic

Concerto que deron no seu dia no Auditorio de Ourense. Realmente emocionante.

domingo, noviembre 07, 2010

Cheb Mami Obdulians


Momento morilandia francoarxelina. Unha perla firmada por Cheb Mami e Samira Said. Os escenarios virtuais son lo más de lo más.

sábado, noviembre 06, 2010

il y a des bandits têtes de caillou


Increible. Momento culme do éxito de ZEBDA, nun concerto rexistrado na Sala Apolo de Barcelona. Disfrutade cun pouco de "manteiga" francoarxelina.

domingo, octubre 31, 2010

YouTube llega a los mil millones de suscriptores

Noraboa. E un tribunal de Ankara levantou a prohibición a Youtube e xa se pode utilizar. Estaba prohibido polo de sempre, ofender a Atatürk.

Temazo con historia

Un Lp que mellora co tempo.

דיוויד ברוזה - יהיה טוב

Creo que nunca puxen unha canción en hebreo. Ben, pois desta foi. David Broza, cantando דיוויד ברוזה It will be Ok, pra que nos entendamos. Este cantante é moi coñecido en España, de feito sacou uns cantos discos eiquí en español (+ info en http://es.wikipedia.org/wiki/David_Broza ) Unha perla "folki super chachi yo estoy contra las guerras y paz en el Kibutz". Eran os 70 e aínda cabía esperanza e nobleza que esperar no xoven estado israelí. As cousas esperemos que vaian a mellor. Disfrutádeo.

lunes, octubre 04, 2010

Se che gustou o anterior

Disfrutarás da continuación do anterior. Máis zombis e persecucións. Agora inmersos no fogo cruzado dunha guerra civil insular.

miércoles, septiembre 22, 2010

ZOMBIMANÍA

Increible. Tan ben descritos os seus escearios, que cada vez que paso pola Zona Franca de Vigo teño que mirar por tódolos lados por se hai Non Mortos. A segunda parte tamén está xenial. Pero claro, esta primeira está ambientada nas rías baixas e non paras de alucinar. Un xoven abogado pontevedrés consigue convertirse no gran supervivinte ante tanta putrefacción zombi. Persecucións no porto de Bueu, polo centro de Vigo, no hospital Meixoeiro, jajaja, aínda estou alucinando. Encantoume.

Pra mexarse de risa