miércoles, julio 13, 2011

Thee

Incluido no seu EP Broken Dreams Club, (sí, sí, sí, hai quen segue a publicar traballo novo baixo este ilustre formato fonográfico) Girls ofrecen un himno con todas as da lei. A disfrutalo.

domingo, junio 26, 2011

PATRICK WOLF


Realmente increible. Qué lle pasa a este tío pola cabeza pra facer algo tan redondo? O de sempre, a disfrutalo mentres dure.

miércoles, junio 15, 2011

SINSALaudio, Illa de San Simón.

Unha vez máis hai que sacarse o chapeu ante a xente de sinsalaudio. Esta vez na Illa de San Simón (rías baixas) organizan un pedazo festival que fai case obrigatorio a asistencia. Será o 25 de Xuño durante todo o día. Na web do festival tedes toda a información sobre a programación dos concertos e dos horarios dos barcos. Sí, sí, leiches ben. É o que ten facer estas cousas nunha illa.

jueves, mayo 26, 2011

Otra rata de cloaca

Todavía alucino viendo el careto de este hombre. Parece mentira que los dos pertenezcamos a la misma especie. Ojalá pase el resto de su vida pagando por sus crímenes. Insha'Allah

jueves, mayo 19, 2011

Tranvía en Ourense

A proposta más simpática que puiden ver na campaña electoral das eleccións municipais ourensanas é a do PSOE. Unha liña de tranvía pra poder facer bo uso, das sempre ben queridas palabras, ecoloxía e mobilidade. Porque pra mover ás masas inxentes de habitantes e turistas da cidade "va a ser que no". Como gañen a ver onde o aparcan.

jueves, mayo 05, 2011

Jamie Woon

E seguimos a sorprendernos polas maravillosas xoias que chegan do UK actual. Jamie Woon, un británico híbrido, como tantos, que dota á súa música dese punto "incredible soul personal". And I can't get enough of your love.

miércoles, abril 20, 2011

Nouredine Khourchid & Derviches de Damasco (Siria)


Estarán este Xoves 21 de Abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ás 23:30.

jueves, marzo 31, 2011

Un home que o fai tudo bem

Rodrigo Leão ou tamén coñecido como ex-Sétima Legiao, Madredeus. A súa música é como o desplome dun barrio lisboeta condenado á demolición polo seu estado de ruina. Unha maravilla. Nesta canción únese o talento de Neil Hannon (The Divine Comedy). É moi probable que chores cando a escoites.

miércoles, marzo 30, 2011

Emilio Calatayud


WebIslam
Mítica intervención de Emilio Calatayud e a súa visión sobre a educación dos menores de hoxe en día.

"Je t'aime... moi non plus"

Boas, despois de tanto tempo sen actualizar, fágome eco dun artigo moi interesante que apareceu en WEBISLAM sobre a guerra de Libia. De como os intereses franceses están por detrás de todo. Petróleo, nacionalización, etc. Moi ben documentado. Non quero defender ó parvo de Gadafi, pero tampouco me creo nada do que veña das coalicións internacionais (USA and Co. Ltd.)
Aproveito para saudar á xente de Webislam que tan ben me acolleu na súa casiña de Almodóvar del Río.

jueves, febrero 17, 2011

Feito a maldad

De rabiosa actualidade. Non se fala doutro documental últimamente, e con razón. "COMPRAR, TIRAR, COMPRAR". Un traballo feito por Cosima Danoritzer mostra os motivos polos cales as cousas de hoxe en día son unha merda e non duran máis que catro días. Bombillas que só teñen unha certificada unha duración de 1.000 horas cando fai cen anos eran de 2.500. Why? Polo de sempre, as pesetas e as ganas duns poucos de forrarse mentres non parar de rir ás nosas caras.
A web de RTVE (La 2 emitiuno) ofrece a visión íntegra do documental.
Quen atope, por casualidade, unha bombilla feita na RDA que non lle mire o prezo, duran máis de 25 anos.

sábado, febrero 12, 2011

James Blake


Xa sei que se cadra chego algo tarde. Que importa. Ahí vai a miña aposta para a primeira metade do ano. JAMES BLAKE. Dolce gosto.

Godini Godini


Nunha tenda de discos da cidade búlgara de Plovdiv (cuna de Stoichkov) atopei, por casualidade, esta canción nun disco titulado Bulgarian Folk Heritage. Dirixida por Stefan Kanev e interpretada por Verka Siderova, Godini Godini é unha maravilla musical emocionante que transmite, como se fora un bucle, a dor e angustia perpetua dos balcáns.

Un saúdo moi grande a Vili, o rei das atigüedades e cacharradas de Veliko Turnovo.

jueves, febrero 10, 2011

Un poco de investigación histórica

"Un mapa elaborado por el historiador norteamericano Justin McCarthy revela cómo millones de refugiados musulmanes fueron desplazados de sus lugares de origen o simplemente perecieron durante la caída del Imperio Otomano, un hecho hasta ahora prácticamente ignorado por los historiadores occidentales."

El documento puede consultarse (en inglés) en esta dirección: http://www.tc-america.org/media/Forced_Displacement.pdf

Fuente: http://www.hispanatolia.com/

domingo, enero 30, 2011

Zombis en Gran Hermano

Maravilla británica sobre un xénero que cada vez, curiosamente, pega máis. Unha infección asola ó Reino Unido convertindo a quen a contrae en zombi. É noite de expulsións na casa de Big Brother e a emisión vese abruptamente interrumpida. Os non mortos acosan ós habitantes da casa de Guadalix de la Sierra. Mercedes Milá, vai buscando un escondite.

jueves, diciembre 23, 2010

O amante guisante

Simpático video. A semana pasada estiven no concerto que deron en Pontevedra (con artistas invitados sorpresa inclusive) e coma sempre, xenial. Profesionalidade ante todo.

martes, noviembre 30, 2010

DEOLINDA


Unha proposta increible. Os nosos veciños do sur seguen sorprendendo ao persoal.

Give me acoustic

Concerto que deron no seu dia no Auditorio de Ourense. Realmente emocionante.

domingo, noviembre 07, 2010

Cheb Mami Obdulians


Momento morilandia francoarxelina. Unha perla firmada por Cheb Mami e Samira Said. Os escenarios virtuais son lo más de lo más.