Ola amigos, rematou o boi. Este ano deu moito de sí. Comezamos suave na proba, este día xa estiven acompañado polos meus grandes amigos Iván e Germán. A eles temos que sumar os nativos de sempre. O Domingo participei na obra de teatro da procesión do Xan d'Arzúa como rexedor. Entre semana moi canso. Chegou o Xoves, coa súa cea. Definitivamente ese é o día que máis me gusta. Nesa noite cando tiña pensado marchar pra casa atopeime cunha amiga que facía moito tempo que non vía. Viña acompañada por unha amiga. Unha aperta María Rosa e Saray. Esa noite acabei comendo callos no Bar Novo. ¡Que ben cociña a Angelita!. O Venres viñeron a festa dous compañeiros do meu irmao. David de Lalín e Christian Wochagg de Austria. Este último causou sensación entre as mulleres da vila. O Sábado xa foi un día de festa máis tranquilo, se ben é certo que a charanga da auga agotoume. Antes, pola tarde, fixen unha pequena aparición na TVG nun programa sobre a festa. En canto poida colgo o video en youtube. Domingo, bfff, que día, aínda dura a depresión posboi.
Nota: Moitas grazas ó Ventura polo seu dominio e control da situación metereolóxica na festa. Viva a cometa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario