O día 1 de Xullo emprendín unha viaxe ó Reino Unido de once días de duración. O billete de ida e volta compreino en Ryanair, compañía barata ben coñecida por todos.
O avión chegou cunha hora de retraso ó aeroporto británico de Stansted, non sería grave se non tivese comprado un billete con destino Edimburgo que saía nese espazo de tempo que tiña reservado para facer os típicos trámites de recoller a maleta, ensinar o pasaporte, etc. A todo esto, no aeroporto estaban a esperarme o meu irmao Miguel e Claire. Con esta última foi con que viaxei polas terras de Escocia.
A primeira parada foi Edimburgo. A viaxe en tren foi moi cómoda. Eso sí que era un tren. A estación de tren desta cidade está no medio da mesma, de feito nada máis sair o primeiro que se ve é o castelo.
Unha vez na rúa coas maletas, maravillados polo bo tempo e a cidade, poñémonos a camiñar polas rúas pra atopar o hostel no que íamos aloxarnos durante a nosa breve estancia en Edimburgo. O lugar en cuestión está ao ladiño de Princess Street (algo así como a High Street de Edinburgh). Daba a impresión de estar nunha casa okupa, aínda que unha vez pasadas dúas horas un quere quedarse alí dentro toda unha vida. O ambiente e a xente é tan especial que só desexas que se deteña o tempo. www.edinburghbackpackers.com Na recepción traballa Javier, un rapaz de Zaragoza que se portou moi ben con nós. Unha forte aperta para él, para Jorge e para o resto de españois que alí vivían.
Deixamos as maletas nas habitacións e abandoamos o hostel pra dar unha voltiña pola noite da capital escocesa.
Despois de cear no Macdonald's máis asqueroso do mundo, voltamos ao hostel para preguntarlle á xente onde había festa esa noite. Dixéronnos que eles ían ir a Calton Hill a celebrar o día de Canadá, asímesmo invitáronnos a ir con eles, aó que nós dixemos que sí. Polo camiño ata puidemos ver a rúa da escea inicial de Trainspotting.
Fin do primeiro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario