lunes, marzo 12, 2007

Carriega


Moito se fala estes días da rivalidade existente entre Betis e Sevilla. Botellazos, insultos, ameazas, provocacións, ..., a lista de despropósitos é interminable. Pois ben, en Allariz temos á solución a este problema. Chámase "Carriega", o meu admirado veciño que con nostalxia aínda nos emociona coas súas trepidantes historias e anécdotas do fútbol profesional español. Luis Cid "Carriega" foi entrenador dos dous equipos, e seguro que algo tería que dicir. Por preferencias, os de Allariz sempre lle teremos un cariño e aprecio especial aos béticos por teren regalado esas maravillosas equipacións deportivas ao equipo da nosa vila. De feito, en gran medida a eles debémoslle que sintamos algo especial pola cor verde.
Traxectoria como entrenador:
Cartagena (61-63)
Tarrasa (63-65)
Europa de Barcelona (65-66)
Langreo (66-68)
Sporting de Gijón (68-72)
Zaragoza (72-76)
Sevilla (76-79)
Betis (79-81)
Atlético de Madrid (81-82)
Elche (82-83)
Celta (83-84)
Betis (84-86)
Figueres (86-87)

No hay comentarios: