Percha italiana de primeira. Canta Napoli. Con tanto rollo indie, popi folki, friki rock, apetece escoitar algo diferente, pero moito. Coñecidos de sobra son os meus xiros copernicanos no que a escoitar música nunha tempada se refire. Se fai uns meses empapeime de música francesa esta semana tocoulle ós amigos da pizza. Canzoni Napoletane. Venlle ben á cabeza evadirse do de sempre. Roberto Murolo, Renato Carosone, Marino Marini, ... Agora que chega a calor veraniega apetece sacar do taller o Vespino e poñelo a correr. Non lle viña mal ao corpo botar unha tempada en San Remo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario