Hoxe ides ver ao gran Bülent Emir, un virtuoso do baglama que me atopei en Estambul e de quen me fixen un bo amigo. A casualidade quixo que nos coñecésemos nunha tenda de instrumentos tradicionais. Eu en plan guiri estaba probando un baglama pra mercar e de súpeto entrou él e comezamos a charlar, en fin, causoulle gracia ver a un fulano coma min que non tiña nin idea jajaja. Acto seguido comezou a desvelarme consellos sobre técnica, afinación e interpretación do instrumento. Así botamos polo menos unha hora. Disfrutade do gran Bülent Emir, mestre indiscutible da música kurda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario