domingo, noviembre 02, 2008

Islandia

Descrita por un informe da ONU como o lugar do planeta coa xente máis feliz pola súa, ata agora, gran calidade de vida, atravesa un momento de pánico-shock polo impacto da crise financiera. Algo raro de crer, pero este país de  apenas 313.176 habitantes, outrora a envexa de todo o mundo está en bancarrota. Sempre me chamou a atención o feito de ser un exportador mundial de cultura tan potente. Bjork, The Sugarcubes, Sigur Ros, Gus Gus, Múm, etc, referentes musicais internacionais, que por suposto teñen un lugar especial na miña discoteca, cómo farían pra quedar pra tocar, porque moita xente non hai que se diga. Non obstante a proliferación de bandas impresionantes brota ano tras ano como a enerxía xeotérmica que sae das entrañas do seu subsuelo. Eu quero ser islandés, pese a crise.
Yesterday was dramatic - Today is Ok.

No hay comentarios: