Yesterday was dramatic - Today is Ok.
domingo, noviembre 02, 2008
Islandia
Descrita por un informe da ONU como o lugar do planeta coa xente máis feliz pola súa, ata agora, gran calidade de vida, atravesa un momento de pánico-shock polo impacto da crise financiera. Algo raro de crer, pero este país de apenas 313.176 habitantes, outrora a envexa de todo o mundo está en bancarrota. Sempre me chamou a atención o feito de ser un exportador mundial de cultura tan potente. Bjork, The Sugarcubes, Sigur Ros, Gus Gus, Múm, etc, referentes musicais internacionais, que por suposto teñen un lugar especial na miña discoteca, cómo farían pra quedar pra tocar, porque moita xente non hai que se diga. Non obstante a proliferación de bandas impresionantes brota ano tras ano como a enerxía xeotérmica que sae das entrañas do seu subsuelo. Eu quero ser islandés, pese a crise.
sábado, noviembre 01, 2008
Arrrrgggggggggggg
Definitivamente o grupo máis insoportable e patético da escena cutre-musical española. Un grupo que tivo a honra de que en canto chegaban os seus singles a Radio Allariz ían directos á basura. Pignoise tocando nunha festa do PP. E o video comeza cun breve extracto dunha canción de Muse (incluida por certo nun disco antiBlair, antiBush and friends, véase mr. bigote teñido Aznar)
Sam Cooke - A Change Is Gonna Come
Unha canción que lle gusta moito o futuro presidente dos EUA, Barack Husein Obama. Unha das primeiras "cancións protesta", feita máis célebre aínda por Aretha Franklin. Unha perla para disfrutar a todas horas. 1965.
viernes, octubre 24, 2008
Franco Battiato
Infravalorado, pese a ser moi coñecido. Un home que ama o sufismo e cunha filosofía vital máis que curiosa. Estrela indiscutible. Se cadra algo incomprendido. Amado ata a médula por fans tan dispares como os eurofans ou Tomás Fernando Flores. Realmente un artista. Sempre vale a pena pór a xirar algún vinilo de Franco Battiato.
Voglio vederti danzare
come i Dervisches Tourners
che girano sulle spine dorsali
o al suono di cavigliere del Katakali.
come i Dervisches Tourners
che girano sulle spine dorsali
o al suono di cavigliere del Katakali.
martes, octubre 21, 2008
Hande Yener
Este vídeo ó parecer foi censurado por algunhas canles de televisión, algo así como o caso de You Tube que na actualidade atópase pechado o seu acceso por orde xudicial. O rollito laico, contrariamente ó que nun principio todos pensaríamos, é o movemento máis conservador que existe por aquelas terras. Allahu Akbar.
domingo, octubre 05, 2008
Mariee Sioux
jueves, octubre 02, 2008
miércoles, septiembre 24, 2008
martes, septiembre 23, 2008
Lilac Wine
Porque hai cancións eternas, xa teñan máis éxito ou menos, son parte da vida de calquera. Non importa cando a escoites, permanecerá sempre contigo. Unha melodía que surxe na túa cabeza en calquer momento. Sempre calma, amor e paixón por permanecer.
Letra e música por James Shelton.
Letra e música por James Shelton.
Nina Simone fixo, como sempre a interpretación de referencia. A mellor.
Jeff Buckley, a referencia masculina de Lilac Wine.
sábado, septiembre 20, 2008
Safranbolu
viernes, septiembre 19, 2008
Rufus nenooooo
O do concerto de Rufus no Coliseum da Coruña, nanai de nanai. Tras chamar a dito lugar confirmáronme que este tío non ía actuar ahí. Outra vez será.
jueves, septiembre 18, 2008
Novembro Kurdo
miércoles, septiembre 10, 2008
J'aime l'armada
O martes día 9 de Outubro tiven o pracer de ser convidado ás festas da Nosa Señora da Armada por Sabri "cresti cresti" matrícula de honor Winehouse. Unha maravilla de romería, todo moi familiar e cercano. Paseo pola aldea, un pouquiño de devoción cristiana da que xa non se ve, charleta na finca do Germán, un pouco de viño e picoteo na casa da aldea, pulpo do que non hai que facer cola, baile, vals, verbena, capoeira, minitele con imaxes da virxe, ... Que mágoa que todo teña un fin.

Xa facía tempo que non vía un chiringuito destes de barquiñas.

As veliñas das ofrendas.
Rufus outra vez
Esta vez na Coruña o día 3 de Outubro, no Coliseum. Está todo algo confuso, dende a páxina oficial redireccionan a un á páxina de ticktackticket pero non sae nada. Xa se verá como evoluciona a historia.
lunes, septiembre 08, 2008
Nolli Me Tangere - On the road
domingo, septiembre 07, 2008
Fucking Saakashvili
Esta canción vai adicada ó presidente de Xeorxia por zoquete number one do ano.
Someone Still Loves You Boris Yeltsin - Think I wanna Die
jueves, septiembre 04, 2008
A boda do siglo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



