Hoxe fíxenlle unha entrevista a Toño Canedo, organizador do V Festival do Norte que se celebra en Vilagarcía de Arousa. Estes días poderedes escoitar en diferentes espacios do 107.2 fm o traballo que fixen. O primeiro que me gustaría dicir é o agradable que foi falar con este home, xa que entre aspectos propios do festival tamén nos ofreceu unha breve e divertida visión do mundo da promoción de concertos. Anécdotas que, calquera que me coñeza un pouquiño, me encantaron como cando tiña por catro perras a Keane pra tocar no Santi Rock. Por esto e pola amabilidade coa que nos atenderon él e Susana (prensa festival do norte) síntome moi ben. Hoxe foi un día redondo, rematou cos meus compañeiros da radio comendo uns calamares na terraza do bar a muralla. Que tódolos días sexan así, e mentres escribo teño que dicir que volvín a redescubrir a un grupo que me gustou moito fai tempo. Falo de The Postal Service, acordeime deles porque no festival do norte en Vilagarcía vai tocar un grupo cos que o comparan, son 6PM. Teño que dicir que este grupo galego é unha xoia, un pracer para os sentidos de todo aquel o que lle guste escoitar música. 6PM fai un rollo moi parecido os postal service, indietrónica ou electroindie, eu que sei como hai que chamar eso, boa música mezclada con boas ideas e moito talento. Espero non perdermos en Vilagarcía e tentarei falar con eles porque, o mellor de todo, alí estarei, o máis seguro acreditado. "Nohing Better (Styrofoam Remix)", fai moito que non lle daba tantas veces ó repeat para escoitar unha e outra vez a mesma canción, unha cadencia típica, como diríamos eu e o meu xemelgo, "Unha T de toda a vida". Pensaba que xa non me sorprenderían cancións con cadencias e estructuras típicas, destas que son patrimonio da humanidade. Pois sí, gústame e sigo escoitando Nothing Better.
No hay comentarios:
Publicar un comentario