domingo, mayo 14, 2006

Volumen Brutal

Lendo o último número da Rolling Stone dinme conta da verdadeira magnitude dun grupo co cal cheguei a compartir escenario nun momento da miña vida. Falo dos Barón Rojo, grupo que teloneamos na sala ourensana La Burbuja (moitas grazas a Miguel Domínguez). Esa vez non cobramos nada, pese ó glamuroso da cita. Non obstante paseino moi ben, e todo hai que dicilo, os Barón Rojo caéronme de maravilla. Xente que o foi todo no rock internacional ahí estaban con nós falando das típicas cousas entre persoas que están a punto de sair a un escenario sabendo que non vai haber moito público. Por moitas cousas que non sei explicar, tocade outra "BAAAAAAAROOONN".


O meu irmao Miguel cunha guitarra de Armando de Castro.

No hay comentarios: