Aínda non falei nada por estes lares do concerto que ofreceron no Summercase en Barcelona. Os máis frikis cando falan desta banda sempre fan unha breve mención de sabidillos sobor da relación que mantén un membro do grupo cunha famosa cineasta. Voltando ao tema. Baixo a miña opinión, impresionante. De feito, foi seguramente o meu concerto preferido. Escenario principal. Bandeiriña (é unha solución bastante económica e eficaz para cando nos se dispón dun kit festivais tipo Muse). Público, abarrotado e con ganas de escoitalos. Temazos. Presentando It's never been like that, Discazo. Comezaron tal cual o disco, con Napoleon Says. Seguiron e emocionaron. O certo é que viñan con ganas de facer un bo concerto e conseguírono. Na lista dos triunfadores deste Summercase 07.
No hay comentarios:
Publicar un comentario