domingo, agosto 26, 2007

Chao do Prao

Domingo 26 de Agosto. A festa da Istoria de Ribadavia xa pasou á historia. Qué preguiza ter que erguerse ás 9 da mañán pra ir ao Courel. Paga a pena polo que di o compañeiro Bobillo. Dirixímonos a Vilardesilva. Terra da que procede algunha que outra alaricana histórica. Concello de Rubiá, pegadiños ás Médulas. Grazas ás inclemencias do tempo hai algunha que outra baixa na expedición o que nos deixa sitio libre a min e ao meu irmán. Saímos ás 10:30. Aínda non sabemos o que nos imos atopar. Tan só que imos á casa do irmao da Ludi. Paco. Artista e mestre do Clown que triunfa internacionalmente e que ten como sede principal a cidade de Berlín. Na súa casa Chao do Prao está a desenvolver un Workshop con artistas de todo o mundo. Franceses, alemáns, galegos, italianos e do Brasil, ... Atópome de súpeto nunha nube na que se respira o arte por tódolos recunchos. Unha trapecista, un acordeonista, clowns, actores. Unha comunidade internacional de arte. Xa levan unha semana de traballo e aínda lle quedan dúas. Polo medio, con sorte, e se os nosos políticos (inmersos no espellismo do ladrillismo e de La Vuelta Ciclista) dan unha oportunidade á cultura de calidade e auténtica, poderémolos ver actuando en Allariz.

Ola, bos días, busco a Paco.
Emotivo rencontro de artistas.
Campo de traballo. Trapecistas, malabares, clown baixo a mirada do Courel.
Vista parcial da casa. Un espacio cheo de arte.


Noemi, Miguel e Xián escoitan o método de traballo de Paco.
Algunhas das máscaras que se empregan nas obras e performances.
Megalón


Xián conversando con Paco.

Falando sobre Talmi


Unhas pezas de acordeón.

No hay comentarios: