O productor e artista francés Philippe Cohen Solal, máis coñecido por ser o cerebro de Gotan Project (aquel fenómeno que para sorpresa de moitos foi un éxito rotundo de crítica e público), ven de grabar unhas cancións en Tennessee con artistas da escena country e outros. O disco chama a atención polo coidado que está feito todo. Un disco de country moi bo. Destaca notablemente unha fermosa versión da coñecidísima Dancing Queen dos suecos ABBA. Unha non ruptura co que temos escoitado ata o momento. Semella que este home trata de meter na súa testa as músicas máis persoais do planeta. Electrónica, tango, country, todo é música, todo é arte. En Outubro poderemos escoitar o disco completo. Din que era un soño ou un fetiche persoal de Philippe Cohen. Graba con Melonie Cannon, Sam Bush, Bucky Baxter. Agora que podes, fai o que desexes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario