Se che gustan os anos 60, este é o teu libro de mesilla durante unha tempada. Pola súa música, cambios sociais, a contracultura, a canción protesta, o swinging London, a descuberta de grandes talentos da música case por casualidade, referencias ó mellor blues, etc, ... Joe Boyd narra en primeira persoa parte da súa vida. E qué vida. Productor e promotor musical afamado de grande éxito que nos conta a súa relación coa música sempre cun ton moi ameno, divertido e curioso. Un libro que é capaz de transportarte a un momento da historia irrepetible. Anécdotas, centos de anécdotas. Publicado en España por Global Rythm ó prezo de 23 euros máis ou menos. A semana pasada fíxenme cun exemplar e non podo separarme del. Leo e releo os capítulos porque son apaixoantes. Recomendo encarecidamente a súa lectura. O único malo deste libro é que pola súa culpa aparquei para un lado Kafka en la orilla do meu admirado Haruki Murakami.
No hay comentarios:
Publicar un comentario