miércoles, septiembre 20, 2006

A veleta, a veleta, a mellor música do planetaaaa. A veletaaaaaa

Ola moi boas a todos, perdoade pola tardanza dunha entrada nova e por non ter aínda rematado o diario da viaxe. Esto foi debido entre outras cousas a que estou moi liado co traballo e a que tamén estou arranxando unha moto que me come moito tempo libre. A miña querida Torrot City. Escríbovos brevemente para anunciar que este ano non hai Veleta. A mellor música do planeta deixará de escoitarse en Radio Allariz de forma permanente. Neste verán pasado, eran moitas as persoas que me dicían que estiveran a escoitar o programa. Non obstante, na actualidade tamén podedes escoitar se cadra algún que outro programa posto que se están repetindo. Moitos son os factores e circunstancias polas cales podería explicar porque teño que escribir esto no blog, pero considero que non procede. Só me queda agradecer ós meus compañeiros de radio, o respeto e a ilusión coa que recibían cada semana esta sección do curso de Xurxo. Moitas gracias a todos, escoitámonos en breve.