miércoles, octubre 17, 2007

Próximo destino ... Estambul

O 31 de Outubro estarei inoperativo no espacio común europeo. Cando semella que as cousas se poñen chungas en Turquía (accións militares no norte de Irak para atacar posicións das milicias Kurdas) eu lisco a Estambul a pasar unha semana, xa vos contarei. Allahu Akbar !!!

lunes, octubre 08, 2007

Blancas Bicicletas, creando música en los 60

Se che gustan os anos 60, este é o teu libro de mesilla durante unha tempada. Pola súa música, cambios sociais, a contracultura, a canción protesta, o swinging London, a descuberta de grandes talentos da música case por casualidade, referencias ó mellor blues, etc, ... Joe Boyd narra en primeira persoa parte da súa vida. E qué vida. Productor e promotor musical afamado de grande éxito que nos conta a súa relación coa música sempre cun ton moi ameno, divertido e curioso. Un libro que é capaz de transportarte a un momento da historia irrepetible. Anécdotas, centos de anécdotas. Publicado en España por Global Rythm ó prezo de 23 euros máis ou menos. A semana pasada fíxenme cun exemplar e non podo separarme del. Leo e releo os capítulos porque son apaixoantes. Recomendo encarecidamente a súa lectura. O único malo deste libro é que pola súa culpa aparquei para un lado Kafka en la orilla do meu admirado Haruki Murakami.