viernes, febrero 23, 2007

Espejos y Reflejos

Desculpas por ter tan desatendido o blog. Mentres este espazo estivo abandoado tiven tempo de facer unha viaxe por Bélxica e Holanda (algún día caerá o Congo Belga). Visitei bastantes cidades, sempre ben acompañado. Amberes, Bruxas, Ámsterdam, Bruxelas e Lovaina. Todas moi bonitas. Tan europeas que tes que pagar a simbólica cifra de trinta céntimos de euro se queres mexar e non tes onde. People polite. Amberes, capital do diamante, cidade principal da Bélxica flamenca. Se pensas que alguén vai falarte en francés estás aviado. Foi esta a cidade que mellor coñecín e na que máis tempo estiven. En dúas palabras: campamento base. Aloxado baixo o teito amable da miña amiga María Rosa. A miña estancia comezou cunha apertura dunha botella de herbas de Zirall. Diplomacia alaricana. Foi unha semana maravillosa, destas que sempre, sempre, sempre, recordarei. Na voráxine dunha vida de estudante de Erasmus fun coñecendo xente, a cada cal máis amable. Algún galego había. Pero, non sei porque motivo, os canarios gañaban en número. Festas, ceas, excursións e moito Kebap. A comida case me mata.
Exporei unha frase breve sobre o resto das cidades:
Bruxas, o Allariz de Bélxica.
Amsterdam. Xa imaxinaredes o que visitei.
Bruxelas. Ide a calquer sitio menos o Manneken Pis.
Lovaina (a vella), se queres estudar nun Erasmus, marca a casilla correspondente na solicitude.
Sen máis, un bico enorme para dúas grandes amigas que fixen e non esperaba: Patricia (collares) e Mariajo. Ao resto da tropa, ¡ vèmonos no Boi!
Por certo, "o belga" de Allariz é natural de Antwerpen.