viernes, agosto 31, 2007

Os Waterboys en Salamanca

Mira que hai cidades en España e grupos que poden tocar. Pero xustamente tívose que dar unha vez máis a conxunción Waterboys - Salamanca. Aínda non transcurriron nin 24 horas dende que escribín o post anterior e teño que recoñecer que sigo soprendido pola casualidade que me rodea entorno a esta gran canción. O destino quixo que fai dúas horas me chamase a miña amiga María Rosa para convidarme a pasar unha fin de semana en Salamanca. O Venres 7 de Setembro. Actúan os Waterboys na praza maior ás 22:30. A praza máis espectacular do mundo. Alí estarei. Vémonos.

Unicorns and Cannonballs

Hoxe mentres voltaba do traballo tiven a sorte de poder observar o bonita que estaba a lúa. Xa fai tempo que cando a vexo así lembro unha canción dos Waterboys. Nin que dicir que xa saberedes de cal falo. De feito xa lle adiquei un día un post neste blog. Algo extraño. The whole of the moon. Anos 85. Mike Scott está coa súa moza nun hotel de Nova Iorque, mentres falan, a súa amada pregúntalle se escribir unha canción é difícil. Él responde que non. Ela rétao e xuntos baixan ata ao piano que está na parte baixa do hotel. Esa noite había unha lúa como a de hoxe. Mike comezou a alabar todas as virtudes que vía no seu amor, coa lúa sempre coma testemuña daquel instante. I pictured a rainbow you held it in your hands... Siguen a tocar e sae o que sería a idea da canción . Ela sempre vai un paso por diante. Mentres él ten os pes no chan, ela é capaz de surcar os ceos. Él ve un val desértico, ela ve Brigadoon (esta é a miña frase preferida) You saw Brigadoon. Qué maravilla de película. E o certo é que lle debo moito a esta canción.

Adico hoxe este post á miña amiga María Rosa que está estes días de exames. "Disfrútala como el primer día".


Mike Scott, acompañado por Vinnie Kilduff, interpretando The Whole of the Moon para os cativos dunha escola irlandesa no ano 1987.

miércoles, agosto 29, 2007

Tim Reynolds

Xa era hora de que chegase o video ao blog. Imos ver un que atopei por you tube no cal o gran Tim Reynolds fai unha preciosa revisión dunha canción de Peter Gabriel, "In your eyes". 100 % recomendado. Por certo. A tódolos que amades o xa clásico Dave Matthews & Tim Reynolds "live at luther college", sabede que se xuntaron de novo fai pouco. De dito encontro saiu un novo traballo con 27 diamantes chamado Live at Radio City Music Hall.

domingo, agosto 26, 2007

Chao do Prao

Domingo 26 de Agosto. A festa da Istoria de Ribadavia xa pasou á historia. Qué preguiza ter que erguerse ás 9 da mañán pra ir ao Courel. Paga a pena polo que di o compañeiro Bobillo. Dirixímonos a Vilardesilva. Terra da que procede algunha que outra alaricana histórica. Concello de Rubiá, pegadiños ás Médulas. Grazas ás inclemencias do tempo hai algunha que outra baixa na expedición o que nos deixa sitio libre a min e ao meu irmán. Saímos ás 10:30. Aínda non sabemos o que nos imos atopar. Tan só que imos á casa do irmao da Ludi. Paco. Artista e mestre do Clown que triunfa internacionalmente e que ten como sede principal a cidade de Berlín. Na súa casa Chao do Prao está a desenvolver un Workshop con artistas de todo o mundo. Franceses, alemáns, galegos, italianos e do Brasil, ... Atópome de súpeto nunha nube na que se respira o arte por tódolos recunchos. Unha trapecista, un acordeonista, clowns, actores. Unha comunidade internacional de arte. Xa levan unha semana de traballo e aínda lle quedan dúas. Polo medio, con sorte, e se os nosos políticos (inmersos no espellismo do ladrillismo e de La Vuelta Ciclista) dan unha oportunidade á cultura de calidade e auténtica, poderémolos ver actuando en Allariz.

Ola, bos días, busco a Paco.
Emotivo rencontro de artistas.
Campo de traballo. Trapecistas, malabares, clown baixo a mirada do Courel.
Vista parcial da casa. Un espacio cheo de arte.


Noemi, Miguel e Xián escoitan o método de traballo de Paco.
Algunhas das máscaras que se empregan nas obras e performances.
Megalón


Xián conversando con Paco.

Falando sobre Talmi


Unhas pezas de acordeón.