lunes, julio 30, 2007

Phoenix

Aínda non falei nada por estes lares do concerto que ofreceron no Summercase en Barcelona. Os máis frikis cando falan desta banda sempre fan unha breve mención de sabidillos sobor da relación que mantén un membro do grupo cunha famosa cineasta. Voltando ao tema. Baixo a miña opinión, impresionante. De feito, foi seguramente o meu concerto preferido. Escenario principal. Bandeiriña (é unha solución bastante económica e eficaz para cando nos se dispón dun kit festivais tipo Muse). Público, abarrotado e con ganas de escoitalos. Temazos. Presentando It's never been like that, Discazo. Comezaron tal cual o disco, con Napoleon Says. Seguiron e emocionaron. O certo é que viñan con ganas de facer un bo concerto e conseguírono. Na lista dos triunfadores deste Summercase 07.

jueves, julio 26, 2007

Veranito Charro '07

Moito pasou dende a última vez que escribín algo por eiquí. Deume tempo a pasar uns días nas Illas Cíes, ir a Barcelona ao Summercase (PHOENIX impresionantes), volta ao traballo, etc. De todo xa falarei en círculos máis íntimos. Este pasado fin de semana tiven a honra de hospedar na miña casa a uns bos amigos de Salamanca, a xentiña que tan ben me tratou en Antwerpen. Tan agradable é estar con eles que foron quen de convencerme para ir ver a Andrés Calamaro en Santiago de Compostela. Unha aperta e bicos para todos. Un día destes poño as fotos das Cíes. Deica.




Típica foto dun grupo INDIE (que pose CUS)

jueves, julio 05, 2007

Elvis Perkins

Pouco sei deste home, salvo que o seu nome faiche pensar nun principio noutro gran rockero. Música apropiada para estes días, bueno, para sempre. Un disco que rebosa optimismo cuberto de nostalxia. Guitarring beautiful. Vale a pena escoitalo, non vou enrrollarme a falar do que me parece este disco. O simple feito de que o recomende xa di moito do que me parece. Emile's Vietnam in the sky.

La OMEGA final

Nalgún lugar do planeta estará descansando Don Olegario logo dun longo e duro curso de ensinanzas cristiáns. Porque chegaron as VACATIONS ou o que é o mesmo, a omega final. Así vía il todo esto. Qué delirio de cura. Fai anos a estas alturas xa había algúns vascos pola vila e xa tiña vivido moito verán. Ata o momento non pasou ren. En definitiva, desfrutade das vacacións e o que non as teña, amigo éche o que hai. Where is your Vespino?

miércoles, julio 04, 2007

Pendente de reservar


Se non fallan as previsións, a próxima semana estarei por ahí. Coa compaña de bos amigos. Nas Illas Cíes. Mira que lle teño ganas. Momentos de relax antes do Summercase.