sábado, diciembre 05, 2009

Aquela Galicia

Teño que ir vela, na Coruña ata Febreiro.

martes, noviembre 17, 2009

Como nos gustaba el synth-pop ...

Unha perla. Voulle adicar esta entrada ó meu irmao, porque imaxino que lle gustará, moi na liña dos Postal Service e a belísima Imogen Heap. No videoclip de Fireflies (exitazo number 1 in the USA) saen mogollón de cacharros pero hai un que lle serviu a E.T. para comunicarse cos seus parentes máis cercanos. Falo do mítico Speak and Spell, un xoguetiño laranxa co que se divertían os nenos angloparlantes de medio mundo, por certo, moi educativo. O de sempre, a escoitalo e a ser máis felices.

Capitán Pirata


Grandes recordos. Espinete e compañía. Esta canción en especial era a miña preferida. Non a escoitaba dende que tiña 6 ou 7 anos pero aínda recordaba perfectamente a súa melodía.

miércoles, noviembre 04, 2009

Ctrl+C // Ctrl+V

Os estudiantes daneses poderán usar Internet nos exames finais. Non obstante, prohibido chatear e enviar mensaxes. Que avanzados son os países nórdicos. Permitirase algún día nas oposicións? Se cadra, con este sistema, moito inepto con plaza a dedo non aprobaría. Ánimo Dinamarca.

lunes, noviembre 02, 2009

Corda vai, corda ven.


Salto con corda baixo o viaducto do tren ó seu paso pola cidade de Pontevedra. Verán 2009.

martes, octubre 27, 2009

Cine Karadzic

A miña pequena recomendación ó xuíz do tribunal para os crimes de guerra da antiga Yugoslavia. Proxectar en pantalla grande e se é posible en 3D este documental. Que oportuno tamén que o xuizo sexa en Holanda, volverá pasar o mesmo?

WebIslam

lunes, octubre 26, 2009

A importancia dun bo slogan

A primeira vez que escoitei o nome deste grupo foi pola boca de Fernadisco, vai ti saber cando, presentando a súa famosa lista de éxitos. O caso é que de forma inesperada un disco deste famoso dúo chegou ás miñas mans esta fin de semana. Idlewild é o traballo, xa do ano 1988. En canto cheguei a casa púxeno no plato. Ás veces pasa, que tes unha pila de discos e tes que escoller un. Ás veces pasa que ese vinilo que comezas a escoitar faiche DIOSSSS, discazo. E non o esperas. E mellor que non tiveras previsto facer algo porque tes que escoitalo e deixar aparcado todo aquelo que tiñas planificado. Unha boa recomendación pra esta semana. Conseguide, polo medio que consideredes mellor, este discazo. Escoitádeo e a ser un pouco máis felices.

martes, octubre 13, 2009

Brian Jones

(Cheltenham, 28 de febrero de 1942 - Hartfield, 3 de julio de 1969)

Pero que vida tan desgraciada. Espero que as reformas que vou facer na miña casa non me costen tanto como ó amigo Brian.

jueves, octubre 08, 2009

O bigote

Con esto da trama corrupta do PP fálase moito de El Bigotes, pobre homiño, será coñecido o resto da súa vida por ese alcume. El Bigotes compró esto, el bigotes hizo lo otro, el bigotes está con una mamachicho, el bigotes le compró un reloj de veintemil euros a fulanito, joder co Bigotes, xa lle vale.

Preguntarédesvos a que ven esto, pois vai a que hoxe reflexionei sobre o Bigotes e sobre a xente que o leva. Cando lle preguntas a un home por qué o leva, a resposta case sempre é unánime, que si foi na mili, que si estaba de moda, que se sempre o levou e que non se fai a estar sin il. E é que non hai un cambio máis chamativo na imaxe dunha persoa. Quen non recorda o afeitado de bigote dun ser querido.

E todo esto ven a que hoxe un amigo me dixo que ía por unha canción de Queen. O primeiro que dixen, joder ten tela, creo que Freddie Mercury foi e será a única gran estrela do rock que tiña mostacho. Algúns din que si por modas, que se porque tiña uns dentes moi grandes. Fixo unha imaxe forte e en parte triunfou por eso, por ser un Bigotes.

Nota: Charly García, rockero arxentino tamén é un bigotudo, pero non o podo considerar unha estrela planetaria.

miércoles, octubre 07, 2009

SATURNO CONTRO


Outra peli 100 % recomendada. Últimamente estamos de ciclo de cinema de Ozpetek e de ahí non saímos. Neste caso a peli está no decálogo das que fai Ferzan sobre as relacións humanas, sempre atípicas e fascinantes. Se che gustou El Hada Ignorante esta tamén vai ser o caso. Xa estou desexando ver o novo que fixo.

sábado, octubre 03, 2009

ლელა წურწუმია

Unha das cantantes máis populares que deu Xeorxia, polo menos que eu coñeza. Lela Tsurtsumia, unha delicia que chegou ós meus oídos da man dun amigo. En tódolos campos musicais nos que se mete consegue emocionar.

lunes, septiembre 28, 2009

HAREM SUARÉ


Unha película realmente evocadora. Quédome co momentazo de Abdulhamid II tocando o piano.

jueves, septiembre 10, 2009

martes, septiembre 01, 2009

A canción dos dous bandos


Curioso, un exemplo claro de que a música non ten fronteiras.

Dennis Hopper

Nos seus anos mozos non se apeaba da súa cámara de fotos e que ben fixo. Retrato dunha parella de motarras vai ti saber onde.

viernes, agosto 21, 2009

Stephen Wiltshire

Alucinante, un artista autista es más que artista.

jueves, agosto 20, 2009

Xornalismo real

Lectura recomendada, polo menos pra que os testimonios de quen máis padecen estas merdas de guerras preventivas sexan escoitados.

lunes, junio 29, 2009

I want you back

Increible pérdida. Algúns xa se estarán frotando as mans coa súa morte. Comezando polos mortos de fame que pensan que van poder pagar as súas vacacións a costa da venta dos seus vinilos. Hoxe botei unha ollada no portal segundamano.es e alucinei. Cómo pode alguén pensar que lle van pagar 1.000 € por un vinilo de Michael? Se vendeu discos como churros. Tódalas casas teñen discos del. Claro que á morte dun artista a súa obra se revaloriza, pero por deus, Thriller vendeu máis de 100 millóns de copias, non entrarían nin en tódolos pisos que construiu o Pocero.
En referencia a Michael, como artista, incuestionable.

miércoles, junio 17, 2009

Le fate ignoranti

Unha película que hai que ver, como todas as de Ferzan Ozpetek.

domingo, mayo 31, 2009

El Cobra !!!

O mellor coche radio control da historia.

jueves, mayo 28, 2009

SYLVINHO

Quen me ía dicir que un campeón de Europa íame adicar e regalar unha biblia. Eran os últimos tempos do celtiña en primeira.

jueves, mayo 21, 2009

Ahí ven o boi

Disfruta de Allariz camiñando, eso polo menos dicían ata fai non moito algúns carteis turísticos da vila.

lunes, mayo 18, 2009

De boa lei

No habiendo acuerdo, yo me retiro a deliberar. PUMMM (Golpe de maza sobre la mesa). Seguramente o programa máis esperpéntico que existe hoxe na tele.

miércoles, mayo 13, 2009

Mozárabe

Porta da igrexa de San Martiño, Allahu Akbar.

Der Golem

Peliculónnnnnnnnnnn ...

lunes, abril 27, 2009

Russian Red


Breve momento do concerto que fixo Russian Red en Ourense. Teño que recoñecer que era pra ir e finalmente non fun por pura vagancia. Este Sábado 25 de Abril asistín ó concerto que deu en Santiago e vamos, moi ben, unha delicia.

lunes, abril 13, 2009

Comando Chef


Estrea o Xoves 16 de Abril na galega.

jueves, abril 09, 2009

Balikli Gol - Urfa

bYE bYE Sinnamon

Se alguén aínda pensa que esto da crise é cousa de bancos e ladrillos, que aterrice. Esta xa tocou a tódalas actividades comerciais e está claro que todo aquelo que supoña ocio e gastos que non sexan de primeira necesidade van pasalas canutas. Onte mesmo entereime do peche definitivo de Sinnamon. Saber sabíamos que as cousas non podían ir ben cando fai uns meses foi aunciada a cancelación do Summercase, pero nunca puiden querer imaxinar que pasase o mesmo con Sinnamon Records. Unha pena, porque discográficas que aposten por esta música son poucas de encontrar. A eles tocoulles por partida doble, por un lado a crise económica e por outro a devacle e crise creativa - comercial do movemento indie que en dous anos xa non é a metade do que era. Pese a todo o seu catálogo permanece.
Sinna-logo.jpg

lunes, marzo 30, 2009

domingo, marzo 29, 2009

Benposta

Entrada a Benposta ,"Ciudad Feliz" que albergaba o xa mítico Circo de Los Muchachos. Quen sendo neno non quixo vivir nesta república independente de fantasía?

sábado, marzo 21, 2009

دولت عالیه عثمانیه


Adicado ó meu amigo Suleyman.
Podedes visitar www.webislam.com e ler as últimas reflexións do sabio Suleyman Matos.

jueves, marzo 12, 2009

Mulleres da Raia


Estrea mundial no Play - Doc, Tui. O xoves 19 de Marzo ás 12:00 h do mediodía. Moitas ganas teño xa de ver este documental, de feito ata aparezo nos créditos de agradecementos. Mulleres da raia and Palmira Power Generation.

mulleresdaraia.blogspot.com

lunes, febrero 09, 2009

Con sorte, o inxenio do Pototo, os coñecementos acústicos de SONEN e se a crise non termina con nós antes, algún día a palleira da miña casa será algo así.

sábado, febrero 07, 2009

Porque ás veces apetece voltar escoitar o que a un máis lle gusta. We're on our way home.

A bailar
KONYA

lunes, enero 26, 2009

SONEN

Xa vos falei algunha vez desta empresa, SONEN, especialistas en acústica, algo tan olvidado e tan necesario nas nosas vidas. Na miña non digamos. Unha aperta para eles e esperemos que a xente lle de unha oportunidade á acústica e á calidade agora que a temos tan preto de nós.

sábado, enero 24, 2009

Bueno Bonito Barato

1 de Xuño. Santiago de Compostela. As entradas xa se venden en http://www.servinova.com/ a un módico prezo de 28 €. Non sei como facemos, pero en Galicia os concertos sempre son máis baratos.
A casiña

martes, enero 20, 2009

viernes, enero 16, 2009

domingo, enero 04, 2009

Burt Bacharach

Un auténtico tornado de talento musical. Aposto o que sexa a que non hai no mundo persoa que non coñeza algunha canción deste veciño de Beakman.