martes, octubre 27, 2009

Cine Karadzic

A miña pequena recomendación ó xuíz do tribunal para os crimes de guerra da antiga Yugoslavia. Proxectar en pantalla grande e se é posible en 3D este documental. Que oportuno tamén que o xuizo sexa en Holanda, volverá pasar o mesmo?

WebIslam

lunes, octubre 26, 2009

A importancia dun bo slogan

A primeira vez que escoitei o nome deste grupo foi pola boca de Fernadisco, vai ti saber cando, presentando a súa famosa lista de éxitos. O caso é que de forma inesperada un disco deste famoso dúo chegou ás miñas mans esta fin de semana. Idlewild é o traballo, xa do ano 1988. En canto cheguei a casa púxeno no plato. Ás veces pasa, que tes unha pila de discos e tes que escoller un. Ás veces pasa que ese vinilo que comezas a escoitar faiche DIOSSSS, discazo. E non o esperas. E mellor que non tiveras previsto facer algo porque tes que escoitalo e deixar aparcado todo aquelo que tiñas planificado. Unha boa recomendación pra esta semana. Conseguide, polo medio que consideredes mellor, este discazo. Escoitádeo e a ser un pouco máis felices.

martes, octubre 13, 2009

Brian Jones

(Cheltenham, 28 de febrero de 1942 - Hartfield, 3 de julio de 1969)

Pero que vida tan desgraciada. Espero que as reformas que vou facer na miña casa non me costen tanto como ó amigo Brian.

jueves, octubre 08, 2009

O bigote

Con esto da trama corrupta do PP fálase moito de El Bigotes, pobre homiño, será coñecido o resto da súa vida por ese alcume. El Bigotes compró esto, el bigotes hizo lo otro, el bigotes está con una mamachicho, el bigotes le compró un reloj de veintemil euros a fulanito, joder co Bigotes, xa lle vale.

Preguntarédesvos a que ven esto, pois vai a que hoxe reflexionei sobre o Bigotes e sobre a xente que o leva. Cando lle preguntas a un home por qué o leva, a resposta case sempre é unánime, que si foi na mili, que si estaba de moda, que se sempre o levou e que non se fai a estar sin il. E é que non hai un cambio máis chamativo na imaxe dunha persoa. Quen non recorda o afeitado de bigote dun ser querido.

E todo esto ven a que hoxe un amigo me dixo que ía por unha canción de Queen. O primeiro que dixen, joder ten tela, creo que Freddie Mercury foi e será a única gran estrela do rock que tiña mostacho. Algúns din que si por modas, que se porque tiña uns dentes moi grandes. Fixo unha imaxe forte e en parte triunfou por eso, por ser un Bigotes.

Nota: Charly García, rockero arxentino tamén é un bigotudo, pero non o podo considerar unha estrela planetaria.

miércoles, octubre 07, 2009

SATURNO CONTRO


Outra peli 100 % recomendada. Últimamente estamos de ciclo de cinema de Ozpetek e de ahí non saímos. Neste caso a peli está no decálogo das que fai Ferzan sobre as relacións humanas, sempre atípicas e fascinantes. Se che gustou El Hada Ignorante esta tamén vai ser o caso. Xa estou desexando ver o novo que fixo.

sábado, octubre 03, 2009

ლელა წურწუმია

Unha das cantantes máis populares que deu Xeorxia, polo menos que eu coñeza. Lela Tsurtsumia, unha delicia que chegou ós meus oídos da man dun amigo. En tódolos campos musicais nos que se mete consegue emocionar.