viernes, octubre 24, 2008

Franco Battiato

Infravalorado, pese a ser moi coñecido. Un home que ama o sufismo e cunha filosofía vital máis que curiosa. Estrela indiscutible. Se cadra algo incomprendido. Amado ata a médula por fans tan dispares como os eurofans ou Tomás Fernando Flores. Realmente un artista. Sempre vale a pena pór a xirar algún vinilo de Franco Battiato.
Voglio vederti danzare
come i Dervisches Tourners
che girano sulle spine dorsali
o al suono di cavigliere del Katakali.

martes, octubre 21, 2008

Hande Yener

Hande Yener, algo así como o máis moderno e transgresor de Istanbul. Reciclaxe puro dende a esencia clásica da pop idol turca hacia algo máis sofisticado mediante un tinte de imaxe que fai as delicias e acelera os latidos da comunidade gay estambuleña. Hipnoz é o seu último traballo e o certo é que durante o verán sonaba por todos lados, ata en Konya, que xa é dicir.
Este vídeo ó parecer foi censurado por algunhas canles de televisión, algo así como o caso de You Tube que na actualidade atópase pechado o seu acceso por orde xudicial. O rollito laico, contrariamente ó que nun principio todos pensaríamos, é o movemento máis conservador que existe por aquelas terras. Allahu Akbar.

domingo, octubre 05, 2008

Mariee Sioux

Hai discos que son bos e punto. Faces in the Rocks é o caso. Mariee Sioux evócanos un momento atemporal, bonitas cancións. Se a escoitas con auriculares e pechas os ollos vas ter a sensación de estar agradablemente perdido nun refuxio de montaña, á beira dun lume sen o cal morrerías de frío. Unha delicia.

jueves, octubre 02, 2008

Aynur Doğan

Aynur Doğan en concerto o 13 de Decembro no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
Por suposto xa teño unhas entradiñas mercadas na segunda fila. Bule que se acaban.