Ola a todos, canto tempo, non?. Hoxe tedes o meu agasallo navideño. Nin máis nin menos que a verdadeira historia do Titanic contada por quen mellor a sabe. O polifacético Jesus Forest, autor entre outro do célebre libro de culto "Memorias de un romántico en la capital londinense". BO NADAL pra todos.
lunes, diciembre 24, 2007
martes, noviembre 27, 2007
İstanbul Büyükşehir Belediyesi
Ola xente. Xa fai tempo que voltei de Estambul pero ás veces a miña cabeza aínda semella estar alí. Déixovos unhas fotos que fixen nesta viaxe acompañado polo ProTurco number one Carlos Abdulhamid Matos.
Outro día poño máis fotos e comento a viaxe.
Outro día poño máis fotos e comento a viaxe.
miércoles, octubre 17, 2007
Próximo destino ... Estambul
lunes, octubre 08, 2007
Blancas Bicicletas, creando música en los 60
Se che gustan os anos 60, este é o teu libro de mesilla durante unha tempada. Pola súa música, cambios sociais, a contracultura, a canción protesta, o swinging London, a descuberta de grandes talentos da música case por casualidade, referencias ó mellor blues, etc, ... Joe Boyd narra en primeira persoa parte da súa vida. E qué vida. Productor e promotor musical afamado de grande éxito que nos conta a súa relación coa música sempre cun ton moi ameno, divertido e curioso. Un libro que é capaz de transportarte a un momento da historia irrepetible. Anécdotas, centos de anécdotas. Publicado en España por Global Rythm ó prezo de 23 euros máis ou menos. A semana pasada fíxenme cun exemplar e non podo separarme del. Leo e releo os capítulos porque son apaixoantes. Recomendo encarecidamente a súa lectura. O único malo deste libro é que pola súa culpa aparquei para un lado Kafka en la orilla do meu admirado Haruki Murakami.
miércoles, septiembre 26, 2007
O productor e artista francés Philippe Cohen Solal, máis coñecido por ser o cerebro de Gotan Project (aquel fenómeno que para sorpresa de moitos foi un éxito rotundo de crítica e público), ven de grabar unhas cancións en Tennessee con artistas da escena country e outros. O disco chama a atención polo coidado que está feito todo. Un disco de country moi bo. Destaca notablemente unha fermosa versión da coñecidísima Dancing Queen dos suecos ABBA. Unha non ruptura co que temos escoitado ata o momento. Semella que este home trata de meter na súa testa as músicas máis persoais do planeta. Electrónica, tango, country, todo é música, todo é arte. En Outubro poderemos escoitar o disco completo. Din que era un soño ou un fetiche persoal de Philippe Cohen. Graba con Melonie Cannon, Sam Bush, Bucky Baxter. Agora que podes, fai o que desexes.
domingo, septiembre 23, 2007
Patrick Wolf
Se cando digo que o ano 83 foi un bo ano é por algo. Pra moitos será un bicho raro, outros opinarán que é un xenio, algúns dirán que é unha moda. Como sempre digo, unha pouquiña de curiosidade. Ánimo e a escoitalo. PATRICK WOLF. Londinense multinstrumentista, polifacético. En definitiva, un artista.
martes, septiembre 04, 2007
Le Bombardier marocain
Despois de 119 victorias, non puido darlle o seu merecido a Jack La Motta para revalidar o campionato do mundo que anteriormente gañara. O destino quixo que se namorase de Edith Piaf. O destino quixo que o seu avión desaparecese na illa portuguesa de São Miguel (Açores).
In memoriam Marcel Cerdán
sábado, septiembre 01, 2007
Townes Van Zandt
"Townes Van Zandt es el mejor escritor de canciones del mundo, y me plantaré sobre la mesa de café de Bob Dylan con mis botas de vaquero para decirlo" (Steve Earle)
Nacido baixo a sombra xigantesca de pozos petrolíferos Townes Van Zandt foi un máis que notable poeta e cantante folk norteamericano. Este ano cúmplense dez anos do seu pasamento.
viernes, agosto 31, 2007
Os Waterboys en Salamanca
Mira que hai cidades en España e grupos que poden tocar. Pero xustamente tívose que dar unha vez máis a conxunción Waterboys - Salamanca. Aínda non transcurriron nin 24 horas dende que escribín o post anterior e teño que recoñecer que sigo soprendido pola casualidade que me rodea entorno a esta gran canción. O destino quixo que fai dúas horas me chamase a miña amiga María Rosa para convidarme a pasar unha fin de semana en Salamanca. O Venres 7 de Setembro. Actúan os Waterboys na praza maior ás 22:30. A praza máis espectacular do mundo. Alí estarei. Vémonos.
Unicorns and Cannonballs
Hoxe mentres voltaba do traballo tiven a sorte de poder observar o bonita que estaba a lúa. Xa fai tempo que cando a vexo así lembro unha canción dos Waterboys. Nin que dicir que xa saberedes de cal falo. De feito xa lle adiquei un día un post neste blog. Algo extraño. The whole of the moon. Anos 85. Mike Scott está coa súa moza nun hotel de Nova Iorque, mentres falan, a súa amada pregúntalle se escribir unha canción é difícil. Él responde que non. Ela rétao e xuntos baixan ata ao piano que está na parte baixa do hotel. Esa noite había unha lúa como a de hoxe. Mike comezou a alabar todas as virtudes que vía no seu amor, coa lúa sempre coma testemuña daquel instante. I pictured a rainbow you held it in your hands... Siguen a tocar e sae o que sería a idea da canción . Ela sempre vai un paso por diante. Mentres él ten os pes no chan, ela é capaz de surcar os ceos. Él ve un val desértico, ela ve Brigadoon (esta é a miña frase preferida) You saw Brigadoon. Qué maravilla de película. E o certo é que lle debo moito a esta canción.
Adico hoxe este post á miña amiga María Rosa que está estes días de exames. "Disfrútala como el primer día".
Mike Scott, acompañado por Vinnie Kilduff, interpretando The Whole of the Moon para os cativos dunha escola irlandesa no ano 1987.
Adico hoxe este post á miña amiga María Rosa que está estes días de exames. "Disfrútala como el primer día".
Mike Scott, acompañado por Vinnie Kilduff, interpretando The Whole of the Moon para os cativos dunha escola irlandesa no ano 1987.
miércoles, agosto 29, 2007
Tim Reynolds
Xa era hora de que chegase o video ao blog. Imos ver un que atopei por you tube no cal o gran Tim Reynolds fai unha preciosa revisión dunha canción de Peter Gabriel, "In your eyes". 100 % recomendado. Por certo. A tódolos que amades o xa clásico Dave Matthews & Tim Reynolds "live at luther college", sabede que se xuntaron de novo fai pouco. De dito encontro saiu un novo traballo con 27 diamantes chamado Live at Radio City Music Hall.
lunes, agosto 27, 2007
domingo, agosto 26, 2007
Chao do Prao
Domingo 26 de Agosto. A festa da Istoria de Ribadavia xa pasou á historia. Qué preguiza ter que erguerse ás 9 da mañán pra ir ao Courel. Paga a pena polo que di o compañeiro Bobillo. Dirixímonos a Vilardesilva. Terra da que procede algunha que outra alaricana histórica. Concello de Rubiá, pegadiños ás Médulas. Grazas ás inclemencias do tempo hai algunha que outra baixa na expedición o que nos deixa sitio libre a min e ao meu irmán. Saímos ás 10:30. Aínda non sabemos o que nos imos atopar. Tan só que imos á casa do irmao da Ludi. Paco. Artista e mestre do Clown que triunfa internacionalmente e que ten como sede principal a cidade de Berlín. Na súa casa Chao do Prao está a desenvolver un Workshop con artistas de todo o mundo. Franceses, alemáns, galegos, italianos e do Brasil, ... Atópome de súpeto nunha nube na que se respira o arte por tódolos recunchos. Unha trapecista, un acordeonista, clowns, actores. Unha comunidade internacional de arte. Xa levan unha semana de traballo e aínda lle quedan dúas. Polo medio, con sorte, e se os nosos políticos (inmersos no espellismo do ladrillismo e de La Vuelta Ciclista) dan unha oportunidade á cultura de calidade e auténtica, poderémolos ver actuando en Allariz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)