"A punctured bicycle miércoles, enero 30, 2008
"A punctured bicycle lunes, enero 28, 2008
YA LO VEN ...
Fotos "Babarrocas"

Fotografías cedidas pola colección Juan Babarro de frikadas internacionais.
domingo, enero 27, 2008
Sufjan for president
viernes, enero 25, 2008
Últimos días das rebaixas
Hoxe ía eu tan traquilo pola rúa Fonteiriña e unha veciña preguntoume, "e logo non vas as rebaixas? aproveita". Botei unha ollada á tenda de Massimo Dutti dende o exterior e alucinei, a tenda estaba a reventar, casi non se entraba. Polo que parece deben ter roupa bonita.
jueves, enero 24, 2008
lunes, enero 21, 2008
O Theremin
FIDALGO, déixate de enerxías renovables e invéntame un destes.
sábado, enero 19, 2008
Rufus Wainwright no Auditorio de Galicia
sábado, enero 12, 2008
martes, enero 08, 2008
sábado, enero 05, 2008
Garrett List
"The voyage". "Na discográfica, todas as frikadas raras que ninguén escoitaría levábaas eu". Esta foi a primeira crítica que escoitei deste disco, pronunciada pola súa eminencia Carlos Matos. Da súa man coñecín este e outros traballos de Garrett List, un trombonista norteamericano que, casualidades da vida, acabou parando en terras belgas como profesor de música nun conservatorio. Jazz, música clásica de cámara, experimental, unha delicia. Ás veces apetece sairse completamente de tódolos circuitos de información musical para deixarse levar por cancións como as que fai Garrett List.
miércoles, enero 02, 2008
... E NOVE


"SINOPSE: Esta peza en galego, con dramaturxia contemporánea de Gonzalo G. Palmeiro está baseada no milenarismo, nas pasaxes de milenio ao longo da nosa historia. Personaxes de distintas épocas enfróntanse coa achega dun novo milenio. Unha comedia ao máis puro estilo Monty Pitón que ilustra, a modo de farsa, catro estapas: o ano 0, o ano 999, o ano 1999 e o ano 2999."
Cousas como esta, unha obra de teatro sen pretensións, son o motivo principal polo que disfrute vivindo en Allariz. Se sou sincero, levaba moito tempo agardando a estrea desta obra (non llo digades a ninguén). A extravagancia de Mr. Bobillo sumada ós story-boards mentais de Gonzalo é algo a ter en conta. Un presente que, aínda que poida disfrazarse dun aire (equivocado) de amateurismo, cumple sempre e saca matrícula de honra. Escoitei críticas de tódolos tipos (malas e boas). Como lle dixen a máis dun na miña vida, "o mel non se fixo para a boca do asno". Se queredes a miña breve opinión, gustoume, e moito. Vendo o que vin creo que compensa moito invertir as mañáns das fins de semana nesto, aínda que poda parecer que non. Fixéstedes algo que lembraredes con máis cariño e orgullo que unha resaca mañanera. Noraboa a todos polo traballo.

Fotografías: Brais Seara

