miércoles, enero 30, 2008

"A punctured bicycle
On a hillside desolate
Can nature make a man of me yet ?"
Parece mentira que nun blog no que case sempre falo de música aínda non fixese unha breve reseña a un dos grupos que máis me influiu e inflúe. The Smiths, banda liderada por Morrissey e Johnny Marr, xunto con Mike "pesetas" Joyce e Andy Rourke.
A historia real deste grupo de Manchester naceu no momento no que Marr, quen buscaba un vocalista, foi informado de que había un homiño que facía letras interesantes pero que era difícil de tratar. Falábanlle de Morrissey. Este fin de semana estiven por Pontevedra grabando This Charming Man. Sempre é un placer tocar calquer canción dos Smiths e máis todavía escoitala.

lunes, enero 28, 2008

YA LO VEN ...


Smithers le pregunta al señor Burns si vuelven a verter residuos nucleares en el patio de un colegio, a lo que responde Burns: No, tantos niños calvos empiezan a levantar sospechas... MEJOR EN UN PARQUE!!!

Fotos "Babarrocas"

Hoxe vai un especial de fotos "babarrocas", un xénero a medio camiño entre a provocación e a risa. Merece unha mención especial a fotomontaxe de Julián Muñoz.


Fotografías cedidas pola colección Juan Babarro de frikadas internacionais.

domingo, enero 27, 2008

Sufjan for president

A poucos meses das eleccións xerais en España, pola cobertura informativa, semella que as americanas son máis importantes. Barack Obama, senador por Illinois, será fan de Sufjan Stevens? Déixovos este video no que interpreta Chicago, o megahit deste musicazo.

viernes, enero 25, 2008

Últimos días das rebaixas

Ante a avalancha de guiris e pijos de baixo poder adquisitivo, movidos pola febre consumista dos descontos das tendas Outlets, as forzas da orde puxeron en marcha un dispositivo de emerxencia co fin de velar pola seguridade dos consumidores.
Hoxe ía eu tan traquilo pola rúa Fonteiriña e unha veciña preguntoume, "e logo non vas as rebaixas? aproveita". Botei unha ollada á tenda de Massimo Dutti dende o exterior e alucinei, a tenda estaba a reventar, casi non se entraba. Polo que parece deben ter roupa bonita.

lunes, enero 21, 2008

O Theremin

Quen coñeza a historia primixenia coa que naceu este blog, ten que saber que non foi máis que unha extensión virtual do que acontecía os Luns ás 19:30 nos estudios centrais de Radio Allariz. Colaboración musico-intelectual que o Doutor Xurxo facía nA Veleta, mítico programa que morreu fai uns anos, consecuencia de moitas cousas que non vale a pena citar. Nesa primeira colaboración lembro que fixen un breve especial sobre un instrumento que me encanta. De feito non sei como nunca merquei un, co que me gusta e co pouco que custa. Falo do THEREMIN. Electrónica musical pura, froito da tenacidade soviética dos primeiros anos, aqueles nos que o primeiro que inventase unha cacharrada nova levaría unha palmadiña na espalda de mans dalgún xerarca da URSS. Inventado polo físico Lev Serguéievich Termen (quen logo afrancesou o seu nome a León Thérémin). Produce un son moi característico, todo o mundo escoitou un Theremin. Típico das películas baratas de terror e ciencia-ficción antigas, aquelas nas que monstruos verdes asaltaban o planeta e caían namorados dalgunha rapaciña nova da costa oeste americana en plan King Kong. Os Beach Boys usaron unha adaptación particular no seu archicoñecido Good Vibrations. Existiron e existen grandes virtuosos do Theremin, quen esté interesado pode pedirme unha copia dun disco con pezas dificilísimas de música clásica interpretadas con este trebello tan friki.

FIDALGO, déixate de enerxías renovables e invéntame un destes.

+ info: http://es.wikipedia.org/wiki/Theremin





sábado, enero 19, 2008

Rufus Wainwright no Auditorio de Galicia

Menos mal que desta estiven atento e non agardei ao último día. Xa teño as entradas para ver a actuación que ofrecerá Rufus Wainwright (... dos Wainwright de toda a vida) en Santiago de Compostela o día 1 de Xuño. Se queredes compralas podedes preguntar no servicio de venta de Caixa Galicia, pero penso que xa están agotadas. Hoxe por certo estiven cos meus amigos Alves, Sara, Iria, Miguel e Matos por esta cidade. Primeiro nas rebaixas do Decathlon e despois polas rúas de Campus Stellae (Prisciliano's City). Moitas gracias Matos por ese tour alternativo polos xardíns de Belvís Presley e Bonaval. Polo camiño deuse a casualidade de que atopei a tenda da Reixa e claro, xa se sabe, merqueille un milli vanili, o primeiro LP de Arcade Fire. Queda moito ata ver ao friki de Rufus, mentres, xa veremos que pasa.

martes, enero 08, 2008

YENİ TÜRK LİRASI


Algo así como a rúa das Outlets no casco histórico de Estambul.

sábado, enero 05, 2008

Garrett List

"The voyage". "Na discográfica, todas as frikadas raras que ninguén escoitaría levábaas eu". Esta foi a primeira crítica que escoitei deste disco, pronunciada pola súa eminencia Carlos Matos. Da súa man coñecín este e outros traballos de Garrett List, un trombonista norteamericano que, casualidades da vida, acabou parando en terras belgas como profesor de música nun conservatorio. Jazz, música clásica de cámara, experimental, unha delicia. Ás veces apetece sairse completamente de tódolos circuitos de información musical para deixarse levar por cancións como as que fai Garrett List.

miércoles, enero 02, 2008

... E NOVE

Cando Xián Bobillo di "compañía, hai montaxe" é pra telo en conta. Quen vos fala tamén tivo a oprortunidade e honra de facer un pequeno cameo nunha das súas obras máis lembradas, aquela adaptación dos "Dous lances de Castelao" na que por unha banda había unha familia pobre chorando a morte dunha vaca, e por outro unha familia "ben" que sufría pola perda dunha cadeliña. Nesta obra estaban Carmela, Rosiña, Manolo Canal, Marga, Paco Raiola, Carlos Estévez, Cristina Álvarez, etc... Pero eso xa se convertiu nun recordo. Pasado. Do que vos falo hoxe é dunha realidade actual. Unha compañía de teatro formada por xente nova que actúa realmente ben. Un elenco composto principalmente por mulleres (moi guapas por certo), que logra sacar unhas boas risas a calquera que se pase pola casa da cultura estes días. A peza teatral está composta por Gonzalo G. Palmeiro e dirixida por Xián Bobillo (tamén coñecido e lembrado por actuar por medio mundo na compañía do brasileiro Roberto Cordovani). A sonorización corre a cargo do meu amigo Carlos Fdez. "Furita".

A moitos dos actores xa os vimos en obras como a saga de Pañolín Rompenubes e Big Bang Adolexcencia. Inma (xenial, unha mirada e presencia que quitan os sentidos ), Darlene, Alba, Anxo, Arnoia, Andrea, Iago (actor revelación, os mellores momentos). Se cadra esta é a compañía que máis anos lle dura ó meu amigo Xián. Por algo será. Moitas veces falando con amigos, sae o tema da mocidade de Allariz e nesa conversa sempre cae unha mención á que eu e o meu irmao denominamos Xeración Xián Bobillo. Un grupo de xente interesante cunhas inquietudes culturais e vitais moi superiores á media global alaricana. Se queredes pasar un bo rato, ide ó teatro. Saíde da casa e dos bares e ide ó teatro.

"SINOPSE: Esta peza en galego, con dramaturxia contemporánea de Gonzalo G. Palmeiro está baseada no milenarismo, nas pasaxes de milenio ao longo da nosa historia. Personaxes de distintas épocas enfróntanse coa achega dun novo milenio. Unha comedia ao máis puro estilo Monty Pitón que ilustra, a modo de farsa, catro estapas: o ano 0, o ano 999, o ano 1999 e o ano 2999."Cousas como esta, unha obra de teatro sen pretensións, son o motivo principal polo que disfrute vivindo en Allariz. Se sou sincero, levaba moito tempo agardando a estrea desta obra (non llo digades a ninguén). A extravagancia de Mr. Bobillo sumada ós story-boards mentais de Gonzalo é algo a ter en conta. Un presente que, aínda que poida disfrazarse dun aire (equivocado) de amateurismo, cumple sempre e saca matrícula de honra. Escoitei críticas de tódolos tipos (malas e boas). Como lle dixen a máis dun na miña vida, "o mel non se fixo para a boca do asno". Se queredes a miña breve opinión, gustoume, e moito. Vendo o que vin creo que compensa moito invertir as mañáns das fins de semana nesto, aínda que poda parecer que non. Fixéstedes algo que lembraredes con máis cariño e orgullo que unha resaca mañanera. Noraboa a todos polo traballo.

Fotografías: Brais Seara