jueves, diciembre 23, 2010

O amante guisante

Simpático video. A semana pasada estiven no concerto que deron en Pontevedra (con artistas invitados sorpresa inclusive) e coma sempre, xenial. Profesionalidade ante todo.

martes, noviembre 30, 2010

DEOLINDA


Unha proposta increible. Os nosos veciños do sur seguen sorprendendo ao persoal.

Give me acoustic

Concerto que deron no seu dia no Auditorio de Ourense. Realmente emocionante.

domingo, noviembre 07, 2010

Cheb Mami Obdulians


Momento morilandia francoarxelina. Unha perla firmada por Cheb Mami e Samira Said. Os escenarios virtuais son lo más de lo más.

sábado, noviembre 06, 2010

il y a des bandits têtes de caillou


Increible. Momento culme do éxito de ZEBDA, nun concerto rexistrado na Sala Apolo de Barcelona. Disfrutade cun pouco de "manteiga" francoarxelina.

domingo, octubre 31, 2010

YouTube llega a los mil millones de suscriptores

Noraboa. E un tribunal de Ankara levantou a prohibición a Youtube e xa se pode utilizar. Estaba prohibido polo de sempre, ofender a Atatürk.

Temazo con historia

Un Lp que mellora co tempo.

דיוויד ברוזה - יהיה טוב

Creo que nunca puxen unha canción en hebreo. Ben, pois desta foi. David Broza, cantando דיוויד ברוזה It will be Ok, pra que nos entendamos. Este cantante é moi coñecido en España, de feito sacou uns cantos discos eiquí en español (+ info en http://es.wikipedia.org/wiki/David_Broza ) Unha perla "folki super chachi yo estoy contra las guerras y paz en el Kibutz". Eran os 70 e aínda cabía esperanza e nobleza que esperar no xoven estado israelí. As cousas esperemos que vaian a mellor. Disfrutádeo.

lunes, octubre 04, 2010

Se che gustou o anterior

Disfrutarás da continuación do anterior. Máis zombis e persecucións. Agora inmersos no fogo cruzado dunha guerra civil insular.

miércoles, septiembre 22, 2010

ZOMBIMANÍA

Increible. Tan ben descritos os seus escearios, que cada vez que paso pola Zona Franca de Vigo teño que mirar por tódolos lados por se hai Non Mortos. A segunda parte tamén está xenial. Pero claro, esta primeira está ambientada nas rías baixas e non paras de alucinar. Un xoven abogado pontevedrés consigue convertirse no gran supervivinte ante tanta putrefacción zombi. Persecucións no porto de Bueu, polo centro de Vigo, no hospital Meixoeiro, jajaja, aínda estou alucinando. Encantoume.

Pra mexarse de risa


miércoles, septiembre 01, 2010


Curiosa versión.

miércoles, junio 09, 2010

Macedonia

Sintonizando en breve Radio Skopje

U-lo Tim Reynolds?

Unha preciosidade. Presta escoitar a quen sabe facer bo uso dunha acústica.

miércoles, mayo 26, 2010

Konyaspor

Ascendeu o meu equipo preferido.

The XX

Me gusta.

lunes, abril 26, 2010

Cadencias típicas

Acordes máxicos, estructuras cadradas ou triangulares, hits mainstream. Unha clara explicación de porque non escoito Europa FM, Cadena 100, Los 40, etc. Menos mal que con Internet escoitamos o que nos peta.

domingo, abril 25, 2010

Por iso vou na casa dela

Xa facía tempo que non escoitaba esta canción. Moito me gustaba.

martes, abril 20, 2010

FELICIDADES

Mulleres da Raia gañou o Mestre Mateo ó mellor documental. Podedes ver o momentazo no enlace http://gallery.me.com/gusabreu#101022

Por qué es incapaz de facer un disco mediocre?

Non é preciso que lle faga a pelota a este tío. EMOCIONANTE.

domingo, abril 18, 2010

Eyjafjallajokull

Desaparecen os avións, ou case, porque aparcados nos andéns dos aeroportos non sirven para nada. Se cadra é un aviso máis do planeta, se cadra non para de botar merda os próximos mil ou sete mil anos. Quen o sabe? Se xa tíñamos pouco, "TOMA MORENA!!!". Ícaro desperta do seu dulce soño. Desperta con banda sonora orixinal composta por Sigur Ros.
Haberá que volver desempolvar do caixón dos enxeñeiros os planos do máis extravagante e friki invento de navegación aérea, o maravilloso e ultrasnob ZEPELÍN.

Outra posible solución, sería que os xaponeses liberasen dunha maldita vez a patente da Nube Kinton.

miércoles, marzo 24, 2010

Adoro Portugal

Un día voltando do traballo, escoitando Asuntos Propios, Javier Limón contáballe a Tom e Toni Garrido o emocionado que se sentía cada vez que escoitaba a esta fadista. E digo fadista e non cantante porque pra ser o primeiro hai que telos moi ben postos. O bo de que sexa portuguesiña e non da Angola é que actúa moito no país veciño e sempre hai máis posibilidades de poder escoitala ao vivo.

miércoles, febrero 17, 2010

REALISM


Pero como me gusta o último disco de THE MAGNETIC FIELDS. Esperemos que o noso santiño nolo traia no Xacobeo.

lunes, febrero 08, 2010

Living in the Material World


Unha canción que sempre me gustou.

jueves, febrero 04, 2010

Todos os políticos son ¿iguais? ...

... pero terían que ter un panel informativo que os acreditase como tal. Porque semella que aínda queda esperanza pra crer nalgunha xente, polo menos esa foi a impresión (grata) que me causou José María Mendiluce. "El amor armado" (Planeta, 1999), un libro que fala sobre a vida, nobres principios e un compromiso inalterable e permanente. Soupen del de casualidade, buscando outro.

martes, enero 19, 2010

HAREM SUARE


El agua y el fuego. La sombra y la luz. El día y la noche son como la juventud y la vejez, parecen muy diferentes pero en realidad no lo son. La juventud es el pasado de la vejez y la vejez es el futuro de la juventud. Una nueva mujer llegó al Harem ...

lunes, enero 18, 2010

A remark you made

Xa facía tempo que non escoitaba esta canción. Weather Report, inigualables e todos o sabemos. Heavy weather pode dicirse que foi o disco que os catapultou máis se cadra. Esta balada atópase nese LP. Un disco atípico. Xa a súa portada o é. Un discazo. Jaco Pastorius no seu mellor momento, polo menos aínda non estaba perdido e nótase. Esta noite toca escoitalo máis dunha vez.

domingo, enero 10, 2010

EL HOMBRE QUE PUDO REINAR

Kafiristán, o reino sen rei. Ata que chegaron dous amigos buscando unha boa xubilación. Un peliculón.

miércoles, enero 06, 2010

O VIDEO ENTEIRO


Qué listo foi que usou unha Polaroid.