lunes, agosto 04, 2008

3. Üçüncü gün - Istanbul

Günaydin Topkapi Sarayi.
Miguel e Matos tomando o aire.
O reflexo dun espello.
Matos e máis eu divisando o Bósforo dende unha mezquita do palacio de Topkapi.
Comendo baixo a ponte de Gálata. Creo que foron dúas doradas e chuletillas de cordeiro.
Banksy en Istanbul???
Mezquita de Ortakoy.
Miguel e Matos navegando polo Bósforo.
Con Husein, invitados na ceremonia dos Jerrahi no barrio de Fatih. Nuretin Tekke.

A orixe do amor

Hai cancións que saen en películas e hai cancións que fan películas. É o caso da banda sonora de Hedwig and the Angry Inch, unha peli que me recomendaron como 87 veces e me convidaron a vela como 16. Déixovos a explicación en canción de por qué nos namoramos. Por un lado a orixinal da película e por outro a versión que fai o noso admirado Rufus.



Esta entrada vai adicada ó amigo Matos, quen sempre menciona esta peli e mellor publicidade lle fai.

sábado, agosto 02, 2008

2º día. Istanbul.

Mustafa Kemal tamén quere vivir en Eyüp.
Suleymanye Turbesi (lugar onde descansan os restos do sultán Suleyman)

Tomando un té no café de Pierre Loti, no alto da colina de Eyüp.
Un neno presentado a Eyüp Sultan antes de ser circuncidado.
Agardando a que deixe de chover na nosa Turbe preferida.

A cisterna de Yerebatan, baixo a plaza de Sultanahmet.
Aya Sofia.

jueves, julio 31, 2008

İstanbul Hatırası

Sezen Aksu no documental Cruzando a Ponte de Fatih Akin. Non é por obsesión otomana, pero se che gusta a música e non viches este documental perdes unha ocasión de disfrutar dun bo momento.

miércoles, julio 30, 2008

1º día Chegada a Istanbul

Aya Sofia
Na Ponte de Gálata.

Para comezar a viaxe, que mellor que catro días en Estambul pra reencontrarnos coa cidade que tanto amamos, unha cidade que sempre nos sorprende. Catro días aloxados no Hotel Olympiat, unha maravilla se o que buscas é un bo servizo a bo prezo e ben situado, a escasos metros da Sublime Porta, outrora palacio do gran visir e na actualidade sede do goberno municipal. Se subes un pouco (2 minutos camiñando aprox.) xa estás en Sultanahmet.

Xa estamos de volta

Paseando pola beira do Bósforo, camiño de Ortakoy.
Cando non esté tan canso publicarei o diario da viaxe. 15 días en Turquía.

lunes, julio 14, 2008

Hosçakal

Volto a Istanbul. Vémonos en 15 días.

O senado alaricano

Por clamor popular, o interese pola miña coleción Polaroid aumenta. Ahí temos ó Polli, Iván, Ventura, Paco, Lochi, Primo, Montes e Pableras.

sábado, julio 12, 2008

Telefónica le informa que el número al que usted llama ...

Un temazo perfecto para comezar unha festa, que llo digan a Luis Tosar e Piti Sanz.

viernes, junio 27, 2008

Dantalian's Chariot


Unha grabación lexendaria, pra quen guste da psicodelia británica dos sesenta. Por ahí coa guitarra estaba Andy Summers.

miércoles, junio 25, 2008

Paulo

Na tarde do Luns un neno choraba na Residencia de Ourense, o neno máis guapo e con máis talento para os remixes DMC Technics. Noraboa Mónica e Rubén. Despegando de Cabo Cañaveral unha nova aeronave con destino Venus Cinco.

viernes, junio 13, 2008

Jesus was a crossmaker

"Sweet silver angels over the sea 
please come down flying low for me"

miércoles, junio 11, 2008

O disco de ouro da humanidade

Nel suponse que está representada sonoramente o que significa o noso planeta e a humanidade en sí. O certo é que ten de todo, dende un amigable saudo en 55 idiomas ata o clásico Johnny B. Goode. A selección de pezas é máis que interesante http://goldenrecord.org/sounds.htm Dios, que flipe imaxinar a un marciano recollendo este disco e pinchándoo nun laboratorio. Eu se fose un deles botaría a esconderme baixo unha mesa se escoitase o que lle mandamos de Bulgaria, mi maaa mete medo. Triunfaría?, venderíase? Se cadra é o futuro da decadente industria discográfica, explorar novos mercados, tal como unha sonda Voyager ou a Pioneer 10.
P.D. Saúdos terrícolas ós nosos amigos das estrelas.

martes, junio 10, 2008

El tren que no perdí


"A pesar de todo, reclinado sobre la barra con media pinta de clara y una bolsa de patatas fritas, aparento una sofisticación londinense de la que carezco, y finjo que lo entiendo y que me mola, aunque me siento mucho más cómodo con las versiones ás jazzísticas del blues y con el virtuosismo de Wes Montgomery con la guitarra. [...] Comparado con este entorno tedioso y pringado de cerveza y el agobio de la metrópolis, Bournemouth parece un planeta sencillo y soleado, así que la tentación de dar media vuelta y huir es poderosa. Pero todavía no tenemos ganas de irnos corriendo de vuelta a casa, pese a que la triste realidad es que no tenemos bolos a la vista, tenemos que dormir los tres juntos en una cama y estamos prácticamente sin un penique. Decidimos aguantar mecha y buscarnos una casa; una vez que hayamos cumplido tan hercúlea misión, podemos dedicar nuestros esfuerzos de nuevo a formar un grupo. Phil el peluquero se da por vencido y se marcha al sur. Zoot y yo ahora somos un dúo sin bajo ni batería ni futuro. Allí no hay nada más que las mentes y los corazones cerrados de la aglomeración urbana descontrolada conocida como Londres" Andy Summers

Festival Alternativo de ¿Xinzo? 08

Resulta increible e de vergoña allea a ineptitude dalgúns dirixentes políticos da provincia de Ourense. Sexa cal sexa o motivo, haberá moitos, Xinzo ve emigrar a un festival de música que actualmente xa se atopaba consolidado e tiña un lugar propio na apretada axenda festeira do verán galego. O FAX 08 celebrarase na cidade de Ourense, especialista esta en apuntarse e anexionarse, xa non só territorios limítrofes, eventos culturais. Alégrome pola nosa capital de provincia e por todos, porque o impulso que lle da a concellería do bloque facilita notablemente a que este ano o FAX teña o mellor cartel da súa breve aínda que apaixoante historia. O que comezou como un concertiño de La Kinky Beat na alameda do toural pois evoluciona nesta edición ó seguinte:
27 de Xuño

Amparanoia
Señor Coconut & His Orchestra
Los Coronas
Le Punk
Lamatumbá
The Ellas
Narf

28 de Xuño
The Gift
Iván Ferreiro
Aterciopelados
Nortec Collective
Vetusta Morla
No Te Va a Gustar
08001
MEU

Debo recoñecer que me gusta e que hai grupos que me sorprenden, por exemplo Sr Coconut, graciosos eles por facer versións de clásicos do rock en clave latina. The Gift repiten no FAX, volverán triunfar. Pois eso, alégrome porque Ourense xunto con Lugo sempre está na cola da música en directo en Galicia. Tamén me alegro por ti, Justo. Bailad malditos, bailad.


www.faxfestival.es

sábado, junio 07, 2008

Total Recall

Poñámoslle unha canción a este Sábado. Il y a de soleil.

Imos escoitar aos británicos The Sound. Non confundir cos The Sounds suecos que son moi posteriores. 

jueves, junio 05, 2008

Hoxe de cea Ancas de Rá

Pois non tiña nin idea de que a Rá Gustavo se chamase Kermit.

miércoles, junio 04, 2008

Banksy en Palestina

Nova ruta turística polo muro da vergoña en Palestina. Por 14 €  en taxi podes ver tódalas obras que pintou Banksy nel. Os dirixentes de Israel deberon sair do equipo de guionistas do Show de Truman. Como din os curas, Paz e Ben.

martes, junio 03, 2008

Qué dicir? Basada nunha historia real, e non destas que televisan en antena 3 ou tele 5 pola tarde. A historia dunha búsqueda constante, dous mundos cun odio irreparable. Ás veces La 2 demostra a súa vontade de servizo público. Pelicula 100 % recomendada.

lunes, junio 02, 2008

... depuis longtemps

Menudo fin de semana. Emocionante.

Omar Faruk Tekbilek
Venres 20:30, concerto desta lenda turca. Que maravilla de concerto. Agora nas filas do seu conxunto o seu fillo coa darbuka. De tal pao ... Pola noite a cear nun turco con Rosa e Paco, que non se diga que non somos kemalistas. Visitade na Coruña unha tasca chamada A Nova Pataca, rincón secreto dos artistas esquecidos.

Actuación secreta de Nolli Me Tangere no comedor de Rosa e Paco.

Volta da Coruña con destino de avituallamento en Compostela. Tarde en Pontevedra. Cea en Fruzo e o domingo xa é outra historia. Rufus Wainwright impresionante no auditorio de Galicia. Au revoir ...

Procuro à noite, 
Um sinal de ti. 
Espero à noite, 
Por quem não esqueci

Fin de semana no que me reencontrei coa música dos Sétima Legiao.

martes, mayo 27, 2008

Randy Brecker

Xa facía tempo que non me deixaba deleitar en vivo por jazz de 1ª división. Entre moitas das cancións do concerto, tivo un especial protagonismo parte do repertorio de Brecker Brothers. Amigos, non vos conto nada destes irmanciños porque sería unha afrenta ás master class da Veleta, anteriormente, a mellor música do planeta.

domingo, mayo 25, 2008

Festa do Boi 08

Miguel, Diana, Laura, Jose e Cus na rolda de viños do sábado.
A man de Xián Bobillo.

lunes, mayo 19, 2008

Festival do Norte 08




Ou tamén poderíamos definilo como o festival da fotografía instantánea porque aínda nos fixeron unhas cantas, pola cara. A primeira foi realizada por un ser anónimo que ía polo público cunha instax de Fuji, a competencia de Polaroid. Dixo, ahí vai unha foto. A min non me deu tempo nin a mirar. Regalouna e dixo que o facía porque lle apetecía. Nós encantados. Por outra parte, os de Estrella Galicia tamén regalaban máis fotos que cervexa. Sobre os grupos e resto de sensacións e emocións resérvome o dereito a gardar silencio.
Dios, un fin de semana agotador. O Domingo pola mañán en Vilagarcía, ao mediodía comida en Pontevedra, ás 16:00 h no aeroporto de Porto, ás 19:00 en Allariz. Axenda de político, tal cual como se estivese innaugurando pantanos e centros de saúde.
Esta semana toca estabilizarse, porque chegou o boi. O mal tempo acompañará este ano, esperemos que tamén o faga o bo ambiente. Disfrutade e intentade ser máis felices.

P.D. - Gracioso o detalle de Estrella Galicia. Eles tamén ficharon ó seu propio Duffman. Rober Bodegas, un rapaz que se paseaba polo festival e que está presente nos marcos das fotos polaroid que nos regalaron. Veña cebada !!!

martes, mayo 13, 2008

lunes, mayo 12, 2008

Camiseta do Boi

Esta foi a camiseta vencedora da troupe para o 2008.
+ info en: http://pototo-ou-o-novo-leonardo-da-vinci.blogspot.com/

Festival do Norte

Xa avisei, este ano repito. Tras un ano de ausencia regreso a este festival de vilagarcía pese a coincidir coa proba do boi. Dura decisión, pero había que escoller unha. O final xa se sabe, a cabra tira o monte. Aínda non naceu o boi que me faga sentir algo parecido á emoción de estar escoitando unha canción que me gusta. Vémonos.

domingo, mayo 11, 2008

John Balan

Un gran galego, un americano de corazón. Déixovos uns videos pra que recordedes o talento innato do gran showman da historia de Galicia. O máis grande do oeste galego




A TVG nos 80 cumple o seu soño, viaxar a Nova Iorque e Washington DC.

sábado, mayo 10, 2008

All you need is love

Rajoy, Rajoy, Rajoy, un home que se casou en La Toja. Estes días véndoo pola tele un ata pode chegar a sentir lástima por este home.


Á bientôt

jueves, mayo 08, 2008

Do-gum günün kutlu olsun

Feliz cumpleanos.
Foto feita na primeira casa da miña vida, en Sto Estebo, ó ladiño do Palmeras. Porque no ano 84 Allariz xa era o pobo máis bonito do mundo empatado a puntos con Safranbolu.

miércoles, mayo 07, 2008

Nolli Me Tangere

Este fin de semana, grabación do primeiro videoclip. The Old Place.
+ info en breve

Ahí ven o Maio

De pequeno canto disfrutaba desta festa. O primeiro, porque perdías clases e o segundo, porque mentres facías o maio tamén perdías clases. God save the folclore. Fóra coñas, moito me gustaban os maios. No máis orixinal sempre gañaba, como non, o Pototo. Esta foto xa ten anos amigos. Podemos ver a Ramiro e a David irrecoñecibles. Un saúdo.

Vampire Weekend

Falo con algúns amigos e polo que vexo aínda hai xente que non escoitou a este grupo. Recomendado. Non é a salvación do universo pero está moi ben.

martes, mayo 06, 2008

"A cultura é a base da República Turca". Mustafá Kemal Atatürk

película 110

Calquera que me coñeza dende fai pouco tempo pensará que son un apaixoado da fotografía, con tanta polaroid e agfa de carretes 110. E nin moito menos. Do primeiro tipo xa teño un álbum ben xeitoso. Este Luns levei á tenda de fotos o primeiro carrete de 110 da agfa. Estes carretes xa nin se fabrican nin se venden, menuda odisea conseguir dúas películas. Para este xoves pola tarde penso que xa terei as fotos. Veremos que sae.
Por certo, cambiando de tema, quen queira escoitar o primeiro single de Nolli Me Tangere (proxecto musical de sona internacional) só ten que pedirmo.

lunes, mayo 05, 2008

Tiwanaku

Algo está pasando en Bolivia, non semella bo. O dóllar está detrás. Non  da cara pero enseña os dentes. Que gañe o sentido común.

domingo, mayo 04, 2008

Sara Wuang

Ola, preséntovos á alaricana máis guapa do planeta. Sara Wuang non sabe o afortunada que é por atopar uns pais como Carlos e Isa, uns padrazos. Agora pasarei unhas semanas escoitando as batallitas de Carlos jaja. Vémonos.

O Sacauntos Iván

Onte recibín a visita inesperada dun gran amigo vigués. Él xunto o resto dos seus colegas, estiveron aloxados na casa de turismo rural do Briñal, un antigo muiño restaurado na beira do Arnoia. Os que sodes destas terras xa saberedes que pra chegar ata dito enclave hai que patear unha pequena camiñata dende o camping por un sendeiro que sigue río abaixo. Fun convidado a cear unha churrascada e a xogar ó Carcassonne, o xogo do ano no 2001, jaja, sí sí, eu tampouco tiña nin idea de que existise ese concurso no mundo dos xogos de mesa. Foi unha velada moi agradable, porque con Iván xa se sabe, son unhas risas infinitas. Cando regresei do muiño, xa era tarde e tiveron que acompañarme polo camiño de volta cunha linterna, porque non se veía nada de nada, e como que andar completamente a oscuras atravesando pontes de medio metro de ancho polo río.... no. Preguntáronme pola historia do lobishome de Allariz, tamén coñecido como o sacaúntos ou sacamanteigas. Fíxenlles unha breve exposición dos traumáticos feitos que aconteceran nestas terras, momento cuarto milenio. Foi un pracer compartir a tarde-noite deste sábado con vós. Á bientôt.
Sobre esta historia ata hai unha canción escrita por Nacho Vegas e o seu grupo LUCAS 15.
www.myspace.com/lucas15myspace

reversionando a Hopper___Banksy