viernes, noviembre 14, 2008

Posta de sol en Nemrut


A mellor forma de despedirse de Turquía por unha breve tempada.

martes, noviembre 04, 2008

Güzergâh

Vigo - París - Estambul - Diyarbakir - Mardin - Urfa - Nemrut - Adiyaman
Este Venres vou partir en misión diplomática pra que estas imaxes non se repitan. Antidisturbios da policía turca reprimindo manifestantes Kurdos en Estambul.

domingo, noviembre 02, 2008

Islandia

Descrita por un informe da ONU como o lugar do planeta coa xente máis feliz pola súa, ata agora, gran calidade de vida, atravesa un momento de pánico-shock polo impacto da crise financiera. Algo raro de crer, pero este país de  apenas 313.176 habitantes, outrora a envexa de todo o mundo está en bancarrota. Sempre me chamou a atención o feito de ser un exportador mundial de cultura tan potente. Bjork, The Sugarcubes, Sigur Ros, Gus Gus, Múm, etc, referentes musicais internacionais, que por suposto teñen un lugar especial na miña discoteca, cómo farían pra quedar pra tocar, porque moita xente non hai que se diga. Non obstante a proliferación de bandas impresionantes brota ano tras ano como a enerxía xeotérmica que sae das entrañas do seu subsuelo. Eu quero ser islandés, pese a crise.
Yesterday was dramatic - Today is Ok.

sábado, noviembre 01, 2008

Arrrrgggggggggggg

Definitivamente o grupo máis insoportable e patético da escena cutre-musical española. Un grupo que tivo a honra de que en canto chegaban os seus singles a Radio Allariz ían directos á basura. Pignoise tocando nunha festa do PP. E o video comeza cun breve extracto dunha canción de Muse (incluida por certo nun disco antiBlair, antiBush and friends, véase mr. bigote teñido Aznar)

Sam Cooke - A Change Is Gonna Come

Unha canción que lle gusta moito o futuro presidente dos EUA, Barack Husein Obama. Unha das primeiras "cancións protesta", feita máis célebre aínda por Aretha Franklin. Unha perla para disfrutar a todas horas. 1965.

viernes, octubre 24, 2008

Franco Battiato

Infravalorado, pese a ser moi coñecido. Un home que ama o sufismo e cunha filosofía vital máis que curiosa. Estrela indiscutible. Se cadra algo incomprendido. Amado ata a médula por fans tan dispares como os eurofans ou Tomás Fernando Flores. Realmente un artista. Sempre vale a pena pór a xirar algún vinilo de Franco Battiato.
Voglio vederti danzare
come i Dervisches Tourners
che girano sulle spine dorsali
o al suono di cavigliere del Katakali.

martes, octubre 21, 2008

Hande Yener

Hande Yener, algo así como o máis moderno e transgresor de Istanbul. Reciclaxe puro dende a esencia clásica da pop idol turca hacia algo máis sofisticado mediante un tinte de imaxe que fai as delicias e acelera os latidos da comunidade gay estambuleña. Hipnoz é o seu último traballo e o certo é que durante o verán sonaba por todos lados, ata en Konya, que xa é dicir.
Este vídeo ó parecer foi censurado por algunhas canles de televisión, algo así como o caso de You Tube que na actualidade atópase pechado o seu acceso por orde xudicial. O rollito laico, contrariamente ó que nun principio todos pensaríamos, é o movemento máis conservador que existe por aquelas terras. Allahu Akbar.

domingo, octubre 05, 2008

Mariee Sioux

Hai discos que son bos e punto. Faces in the Rocks é o caso. Mariee Sioux evócanos un momento atemporal, bonitas cancións. Se a escoitas con auriculares e pechas os ollos vas ter a sensación de estar agradablemente perdido nun refuxio de montaña, á beira dun lume sen o cal morrerías de frío. Unha delicia.

jueves, octubre 02, 2008

Aynur Doğan

Aynur Doğan en concerto o 13 de Decembro no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
Por suposto xa teño unhas entradiñas mercadas na segunda fila. Bule que se acaban.

viernes, septiembre 26, 2008

Hedwig ...

Wicked Little Town

They had two sets of arms
They had two sets of legs
They had two faces peering ...

miércoles, septiembre 24, 2008

CGAC

Centro Galego de Fraude Contemporáneo

martes, septiembre 23, 2008

Lilac Wine

Porque hai cancións eternas, xa teñan máis éxito ou menos, son parte da vida de calquera. Non importa cando a escoites, permanecerá sempre contigo. Unha melodía que surxe na túa cabeza en calquer momento. Sempre calma, amor e paixón por permanecer.
Letra e música por James Shelton.


Nina Simone fixo, como sempre a interpretación de referencia. A mellor.



Jeff Buckley, a referencia masculina de Lilac Wine.

sábado, septiembre 20, 2008

Safranbolu


Entrevista en exclusiva para Fenerbahçe TV.
Gato turco esvacallado.
Na maravillosa tenda de anticuallas do amigo Hunus.
Típica mansión otomana. Nesta cidade tódalas casas son así.
De tendas ...

viernes, septiembre 19, 2008

Rufus nenooooo

O do concerto de Rufus no Coliseum da Coruña, nanai de nanai. Tras chamar a dito lugar confirmáronme que este tío non ía actuar ahí. Outra vez será.

Ainda que sexa de Madonna, pois é un temazo

Madonna - Nothing Fails

jueves, septiembre 18, 2008

Novembro Kurdo

No mes de Novembro espero poder visitar esta colonia internacional. Adiyaman. Primeira visita antes do Atatour 2009 especial Kurdistán, programado para o próximo verán.

miércoles, septiembre 10, 2008

J'aime l'armada

O martes día 9 de Outubro tiven o pracer de ser convidado ás festas da Nosa Señora da Armada por Sabri "cresti cresti" matrícula de honor Winehouse. Unha maravilla de romería, todo moi familiar e cercano. Paseo pola aldea, un pouquiño de devoción cristiana da que xa non se ve, charleta na finca do Germán, un pouco de viño e picoteo na casa da aldea, pulpo do que non hai que facer cola, baile, vals, verbena, capoeira, minitele con imaxes da virxe, ... Que mágoa que todo teña un fin.

Xa facía tempo que non vía un chiringuito destes de barquiñas.
As veliñas das ofrendas.

Rufus outra vez

Esta vez na Coruña o día 3 de Outubro, no Coliseum. Está todo algo confuso, dende a páxina oficial redireccionan a un á páxina de ticktackticket pero non sae nada. Xa se verá como evoluciona a historia.