Seguimos nas vacacións, as benditas vacacións de verán. Desde Edimburgo collemos un autobús directo a Inverness, capital das Highlands.


Pasando o rato no autobús.

Unha vez que chegamos o primeiro que buscamos, evidentemente, foi un bo restaurante de comida caseira escocesa. Desexosos de probar os tan temidos Haggies.

Atopamos "The Lemon Tree", lugar humilde pero con moi boa pinta.

Ummmmmmmmm, todo riquísimo. Se algunha vez visitades Escocia, tedes que comer os famosos Haggies.

A miña cuñada Claire comendo unha deliciosa galleta Walker's con chocolate.

Dirección o noso seguinte destino, Drumnadrochit, máis coñecido como o pobo do Lago Ness.


Dereitiños hacia o Backpackers no que pasaremos a noite e parte do día seguinte.

Hostel do Lago Ness, rexentado ou atendido por unha chica estadounidense, da cal non recordo o nome. Eso sí, vivía preto de Orange County.

Lugar confortable e acolledor. O ordenador non funcionaba por mor dunha tormenta. Falamos largo e tendido coa nosa amiga norteamericana, recomendounos ir visitar o castelo á hora na que chegáramos porque xa pecharan as portas e, saltándoas, a entrada tíñamola gratis. Pois eso fixemos.






Año de Deus que quitas o pecado do mundo. Ñam, Ñam, que rico.

Todo o castelo dos xacobitas pra nós.






De volta ao pobo. Fixemos autostop ata Drumnadrochit no coche duns lituanos.

Terraceo en Fidler's, restaurante moi famoso pola zona.

Despois do terraceo ven o papeo. Comida riquísima.


A durmir, ata mañán. Z z Z z Z z Z z Z z Z z Z z Z z