domingo, junio 25, 2006

Concerto de 6PM

Este Venres día 23 de Xuño fun ver a 6PM (six post morning), un grupo bastante novo que ven de publicar a súa segunda maqueta. Actuaron no Café Pop Torgal, local algo pequeno para acoller concertos pero que ten interese en programalos. O certo é que este grupo gústame bastante, sobre todo o último que teñen grabado. Tamén teño que dicir que o grupo perde algo no directo, non obstante estivo ben. Moito grabado e con algúns instrumentos en directo. Este grupo promete, aínda que non sexan os mellores músicos do mundo teñen un talento especial para texer cancións cun sentimento especial. Cancións que se quedan na túa cabeza e non queren sair.

No hay comentarios: