jueves, marzo 22, 2007

Got your lipstick mark still on your coffee cup

Se hai un grupo de éxito na actualidade polo que non apostaría nada fai anos ese é sen dúbida Take That. Típica boy band británica de fábrica para adolescentes. Noa 90 tiveron moito éxito, pero foron ensombrecidos e esquecidos prontamente por grupos dos seu mesmo estilo, non fai falta citar a eses grupillos. I want you back I want you back. O anunciado retorno, envolto nunha xira plastificada coa excusa dos remordementos e ecos do pasado, xa comezou mal desde o momento en que Robbie Williams riuse á cara dos que presaxiaban unha pronta reunión da banda. Non hai que esquecer que este home foi quen propiciu e prendeu a mecha ádisolución do grupo. Pobre Cousteau, qué mal o pasou, jajaja, bueno non creo. É coña, non te piques. Sabes que a min tamén me gustaban e fuches tú quen me deixou a cinta deles "nobody else". O outro día lembrei falando cunha amiga o momento no que se anunciou a disolución de Take That. A vida é así. Gary Barlow que era a voz solista fracasou estrepitosamente. Mark Owen (o preferido das máis recatadas por nin pinchar nin cortar) esnafrouse cun single titulado "child". Lembro que a portada era de cor verde. Os outros dous deberon adicarse a outros menesteres, ou vai ti saber.
Patience, hit radiofónico que chegou ao número 1 en case tódolos países, polo menos da UE. Quen o diría. Éxito outra vez. Alégrome por eles e compadézome da xente que lle gusta realmente a música. Just have a little patience.

No hay comentarios: