lunes, abril 30, 2007

Who the fuck are arctic monkeys ?


Cando se trata de coñecer un grupo novo sempre intento manterme nun segundo plano da emoción colectiva pola descuberta brillante. Os Arctic Monkeys desde o orincipio non foron unha gran sensación na miña vida. En fin, que non me apaixoaban. Nunha tenda de discos de Amberes, chamada Fat Kat Records, merquei varios vinilos, entre eles o famosísimo EP Who the fuck are Arctic Monkeys? por 5 euros. Xa na tranquilidade do fogar, puiden disfrutalo. Escoitádeo.
Despair in the departure lounge
It's one and they'll still be around at three
No signal and low battery
What's happened to me

Festa do traballo

El 21 de junio de 1886, ocho líderes laborales (Parsons, Spies, Fielden, Schwab, Fischer, Lingg, Engle y Nebee) fueron acusados de conspiración para asesinato por la explosión de la bomba que mató al policía. El juicio, que condenó a siete de ellos a morir ahorcados y a uno a 15 años de cárcel, estuvo plagado de mentiras e incluso el fiscal llegó a pedir al jurado: “Castigue a estos hombres, haga un ejemplo de ellos, cuélguelos y salve nuestras instituciones”. Todo porque reinvidicaban a xornada laboral das 8 horas.

Así comezou todo.

miércoles, abril 25, 2007

25 de Abril

Hoxe toca un guiño ao país irmao. Portugal, un país a coñecer máis por sí que polas gangas en sábanas e toallas dos mercados de Valença do Minho. Tódolos anos sinto saudade de non estar nestas datas cos nosos amigos lusitanos celebrando a que é para min a revolución máis bonita. Este mércores día 25 emitirase na TVG ás 22:00 un concerto homenaxe sobre José Afonso grabado en Pontevedra (falaremos del máis extensamente outro día). www.aja.pt

En internet podedes atopar moitas historias sobre a revolución e os seus protagonistas. Estando xa fai moitos anos en Santarém puiden coñecer un dos lugares emblemáticos de onde saíu a columna que encabezou a marcha hacia Lisboa. SEMPRE ABRIL. Este mes é dos meus preferidos, non só polas datas que se conmemoran. Florece o monte e respírase unha primaveira especial. Aínda que chova os días son bonitos.


O levantamento militar do dia 25 de Abril de 1974 derrubou, num só dia, o regime político que vigorava em Portugal desde 1926, sem grande resistência das forças leais ao governo, que cederam perante o movimento popular que rapidamente apoiou os militares. Este levantamento é conhecido por 25 de Abril ou Revolução dos Cravos. O levantamento foi conduzido pelos oficiais intermédios da hierarquia militar (o MFA), na sua maior parte capitães que tinham participado na Guerra Colonial. Considera-se, em termos gerais, que esta revolução devolveu a liberdade ao povo português (denominando-se "Dia da Liberdade" o feriado instituído em Portugal para comemorar a revolução).

"María nacida no monte á beira da estrada"

lunes, abril 23, 2007

L'autre bout du monde


Gran sorpresa para min e para a escena musical francesa. A cabalo entre a chançon máis tradicional e rollito folki hipie de bo rollo. Recomendo encarecidamente este disco. Se queredes pasar un bo rato escoitando un lp como deus manda xa sabedes. Emily Loizeau.

lunes, abril 16, 2007

Regalo Hi-Fi




Pois sí, un regalo de alta fidelidade foi co me obsequiaron estes días. Aúpa Berriz. Como soan os vinilos nel. Para completar aínda máis o momento, foime prestada a colección Ander dos Beatles. Casi ná. Teño que recoñecer que estrenei todo esto con Radio Allariz.

domingo, abril 15, 2007

Toquinho


Lenda viva da música do Brasil. Non creo que sexa capaz de nomear tódolos discos nos que grabou, sae ou é o artista principal (máis de 70 lp's) Este guitarrista paulista vai visitar a cidade de Ourense o día 25 de Abril (grandola vila morena). Actuará no auditorio da cidade. Maravilla porque así non hai que pelexar para conseguir as entradas. Alí estarei.
"Há um grande espírito de porco
Porque hoje é sábado
Há uma mulher que vira homem
Porque hoje é sábado
Há criançinhas que não comem
Porque hoje é sábado
Há um piquenique de políticos
Porque hoje é sábado"
Vinícius de Moraes

Hohner Chrometta 12


Baixo este nome de suposto asteroide agóchase un simple instrumento. Consecuencia dun troco por un pantalón. Agora hai que porse e xa veremos que sae.

martes, abril 10, 2007

Semana Santa '07

Un ano máis, a semana santa de Allariz. Moito turista e moito amigo co que reencontrarse.

Roberto Sobrado e banda
Xián Bobillo. Master and comander das rúas eses días

Xián, Claire e Miguel

Os gatiños

martes, abril 03, 2007

Arctic Monkeys en Vigo

"O grupo inglés Artic Monkeys actuará en Vigo o próximo 19 de xullo. O concerto terá lugar no parque municipal de Castrelos, dous días antes de que a banda de Sheffield se suba ao escenario do Festival Internacional de Benicassim."

Antes tamén, CAMERA OBSCURA, 0 28 de Abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela.


Semana Santa e máis

Esto en Allariz significa rencontro "no espacio e no tempo" (wholio de lobeira) co ocio, amigos e resto de emigrados. Concertiños pola rúa e no Roi Xordo. Un ano máis e xa van bastantes, o noso camarada Xián Bobillo empéñase en darlle un toque especial á sacra semana. Un toque dos que moitos intentan beneficiarse sen dar un pao á auga e sen agradecer tan artesanal traballo. Qué se lle vai facer, éche o que hai. Anunciado a bombo e platillo cunha sordina de secretismo, "iste ano no boi hai un concerto do Xacobeo", todos imaxinaban ou uns Red Hot Chili Peppers ou os Chemical Brothers, a que si?. Pois mal. Rumoréase que na festa do boi veñen Milladoiro ou Los Suaves. Por certo, o antigo batería deste grupo, o lexendario Gelo agora vive en Allariz. Pois ben amigo, esto é o que hai. Non está nada mal se o comparas co que temos nos arredores, pero en fin.

Se queres ver bos concertos xa sabes, ou esperas a que en Vigo repesquen algo de benicassim no mes de xullo ou marchas directamente a benicassim. Iste ano é impresionante. O meu admirado de por vida Antony Hegarty cos seus Johnsons, Wilco, MUSE, Herman Düne (discazo discazo discazo), Sondre Lerche, The B 52's (loooove shock), Arctic Monkeys, Camenra Obscura, etc etc.. O meu irmao e Claire xa teñen os bonos. Benicassim é moito. Aaahhh e Calexico. Faría atención especial a Herman Düne, encántame o seu lp, un dos discos do ano.


Máis información en breve.