martes, abril 03, 2007

Semana Santa e máis

Esto en Allariz significa rencontro "no espacio e no tempo" (wholio de lobeira) co ocio, amigos e resto de emigrados. Concertiños pola rúa e no Roi Xordo. Un ano máis e xa van bastantes, o noso camarada Xián Bobillo empéñase en darlle un toque especial á sacra semana. Un toque dos que moitos intentan beneficiarse sen dar un pao á auga e sen agradecer tan artesanal traballo. Qué se lle vai facer, éche o que hai. Anunciado a bombo e platillo cunha sordina de secretismo, "iste ano no boi hai un concerto do Xacobeo", todos imaxinaban ou uns Red Hot Chili Peppers ou os Chemical Brothers, a que si?. Pois mal. Rumoréase que na festa do boi veñen Milladoiro ou Los Suaves. Por certo, o antigo batería deste grupo, o lexendario Gelo agora vive en Allariz. Pois ben amigo, esto é o que hai. Non está nada mal se o comparas co que temos nos arredores, pero en fin.

Se queres ver bos concertos xa sabes, ou esperas a que en Vigo repesquen algo de benicassim no mes de xullo ou marchas directamente a benicassim. Iste ano é impresionante. O meu admirado de por vida Antony Hegarty cos seus Johnsons, Wilco, MUSE, Herman Düne (discazo discazo discazo), Sondre Lerche, The B 52's (loooove shock), Arctic Monkeys, Camenra Obscura, etc etc.. O meu irmao e Claire xa teñen os bonos. Benicassim é moito. Aaahhh e Calexico. Faría atención especial a Herman Düne, encántame o seu lp, un dos discos do ano.


Máis información en breve.

No hay comentarios: