martes, mayo 08, 2007

Refrigerante de Carqueixa

O Sábado pasado tiven o pracer de desfrutar do maravilloso ambiente do festival da lingua no campus de Ourense. Organizado pola Esmorga, asociación da que xa vos falei en máis de unha ocasión. Topei coa gran compaña dos amigos Cabanelas, María, Noelia e o profesor Estraviz.

No mes de Maio organizan un ciclo de cinema e discapacidade que terá como colofón final a actuación de Xerome Rock, grupo no que militan cinco persoas con grandes capacidades musicais. Ide a velos e disfrutádeo.

No hay comentarios: