Moito pasou dende a última vez que escribín algo por eiquí. Deume tempo a pasar uns días nas Illas Cíes, ir a Barcelona ao Summercase (PHOENIX impresionantes), volta ao traballo, etc. De todo xa falarei en círculos máis íntimos. Este pasado fin de semana tiven a honra de hospedar na miña casa a uns bos amigos de Salamanca, a xentiña que tan ben me tratou en Antwerpen. Tan agradable é estar con eles que foron quen de convencerme para ir ver a Andrés Calamaro en Santiago de Compostela. Unha aperta e bicos para todos. Un día destes poño as fotos das Cíes. Deica.


Típica foto dun grupo INDIE (que pose CUS)


No hay comentarios:
Publicar un comentario