miércoles, enero 02, 2008

... E NOVE

Cando Xián Bobillo di "compañía, hai montaxe" é pra telo en conta. Quen vos fala tamén tivo a oprortunidade e honra de facer un pequeno cameo nunha das súas obras máis lembradas, aquela adaptación dos "Dous lances de Castelao" na que por unha banda había unha familia pobre chorando a morte dunha vaca, e por outro unha familia "ben" que sufría pola perda dunha cadeliña. Nesta obra estaban Carmela, Rosiña, Manolo Canal, Marga, Paco Raiola, Carlos Estévez, Cristina Álvarez, etc... Pero eso xa se convertiu nun recordo. Pasado. Do que vos falo hoxe é dunha realidade actual. Unha compañía de teatro formada por xente nova que actúa realmente ben. Un elenco composto principalmente por mulleres (moi guapas por certo), que logra sacar unhas boas risas a calquera que se pase pola casa da cultura estes días. A peza teatral está composta por Gonzalo G. Palmeiro e dirixida por Xián Bobillo (tamén coñecido e lembrado por actuar por medio mundo na compañía do brasileiro Roberto Cordovani). A sonorización corre a cargo do meu amigo Carlos Fdez. "Furita".

A moitos dos actores xa os vimos en obras como a saga de Pañolín Rompenubes e Big Bang Adolexcencia. Inma (xenial, unha mirada e presencia que quitan os sentidos ), Darlene, Alba, Anxo, Arnoia, Andrea, Iago (actor revelación, os mellores momentos). Se cadra esta é a compañía que máis anos lle dura ó meu amigo Xián. Por algo será. Moitas veces falando con amigos, sae o tema da mocidade de Allariz e nesa conversa sempre cae unha mención á que eu e o meu irmao denominamos Xeración Xián Bobillo. Un grupo de xente interesante cunhas inquietudes culturais e vitais moi superiores á media global alaricana. Se queredes pasar un bo rato, ide ó teatro. Saíde da casa e dos bares e ide ó teatro.

"SINOPSE: Esta peza en galego, con dramaturxia contemporánea de Gonzalo G. Palmeiro está baseada no milenarismo, nas pasaxes de milenio ao longo da nosa historia. Personaxes de distintas épocas enfróntanse coa achega dun novo milenio. Unha comedia ao máis puro estilo Monty Pitón que ilustra, a modo de farsa, catro estapas: o ano 0, o ano 999, o ano 1999 e o ano 2999."Cousas como esta, unha obra de teatro sen pretensións, son o motivo principal polo que disfrute vivindo en Allariz. Se sou sincero, levaba moito tempo agardando a estrea desta obra (non llo digades a ninguén). A extravagancia de Mr. Bobillo sumada ós story-boards mentais de Gonzalo é algo a ter en conta. Un presente que, aínda que poida disfrazarse dun aire (equivocado) de amateurismo, cumple sempre e saca matrícula de honra. Escoitei críticas de tódolos tipos (malas e boas). Como lle dixen a máis dun na miña vida, "o mel non se fixo para a boca do asno". Se queredes a miña breve opinión, gustoume, e moito. Vendo o que vin creo que compensa moito invertir as mañáns das fins de semana nesto, aínda que poda parecer que non. Fixéstedes algo que lembraredes con máis cariño e orgullo que unha resaca mañanera. Noraboa a todos polo traballo.

Fotografías: Brais Seara

2 comentarios:

B.Seara dijo...

q gran artigo e q grandes imaxes q reflexan o q ti narras jejeje, pois si, realmente foi unha obra moi entretida e unha boa forma de pasar unha tarde de inverno, agradecese poder ter estas alternativas de ocio e cultura na nosa vila, ogalla siga adiante a compañia e poida medrar e ser escola de actores e artistas, un saudo xemelgo, seguiremos traballando xuntos, imos ter q facer un xornal jeje, veña un bico.

toosesi dijo...

Grazas polos comentarios e polas fotos. Creo que é excesivo falarmos de xeración, máis ben grupo, ou grupúsculo e con matices. Acepto a idea de que sempre intentamos facer cousas pola mocidade dunha maneira diferente e atractiva, divertindo e formando. Do resto, é para conversas a fío.

The theather master and commander