miércoles, marzo 19, 2008

It's De-lovely

Se existise unha tenda na que se puidera comprar o talento, eu mercaría sen pensalo o de Cole Porter. Nin Beatles, nin farrapos de gaitas. Cole Albert Porter, algo así como o máis parecido e equivalente a Mozart na música popular do século XX. Hit tras hit, himno tras himno, as súas cancións poden escoitarse en todos lados, dende en anuncios da Tv ou películas, ata nun inicio de concerto dos Sunday Drivers. Non sei como nunca vos falei por estes lares do meu amor pola música de Cole. Un home que tiña a matrícula nº1 do estado de Nueva York e podía aparcar onde lle petase tiña que ser un crack.

http://es.wikipedia.org/wiki/Cole_Porter

No hay comentarios: