martes, diciembre 23, 2008

E tocou en Allariz


E mira que hai lugares no mundo onde podía tocar e foi nesta pequena administración das Galerías Oliveiras, outrora o Ponte Vella alaricano e agora non máis que un pequeno atallo para ir ó Bar Budy (recomendado 100 %, sobre todo polo bo trato e a boa man na cociña da señora Concha). Eu sempre falarei ben deste barrio pese a súa disparatada urbanización porque me toca moi pero que moi de cerca. Aínda que agora xa non sexa residente deste maravilloso lugar (mudámonos no Mundial do 94 dos Estados Unidos), síntoo moi de cerca porque mira que foron tardes e tardes as que pasei diante desas portas. A fortuna estaba detrás dunha delas pero non houbo sorte á hora de entrar. Vai ser máis que certo eso de estar no lugar e o momento adecuado. Porque case tódolos veciños tiñan algún décimo vendido nesta administración, o meu pai sen ir máis lonxe tiña 3 números e mira tú, nanai de nanai. Algúns milloncetes quedarán en Allariz, por certo en merecidas mans, e outros seica foron levados por turistas. É o que ten este meu Allariz, moito traballamos e sempre estamos cun sorriso na cariña pra sair guapos na foto.

No hay comentarios: