sábado, julio 29, 2006

Fotos do segundo día da viaxe



Amanece en Edimburgo
Este día tamén estivemos pola capital escocesa, vendo cousas, facendo fotos, etc



Claire vendo a cidade desde a torre de Walter Scott









Supermassive black hole







Pasando o rato nas tendas de souvenirs mentres chove











I Fell Into A Burning Ring Of Fire



Ue wo muite arukou



O segundo día rematou nun pub, sonaba de fondo Just Like Heaven

viernes, julio 14, 2006

Diario da viaxe

O día 1 de Xullo emprendín unha viaxe ó Reino Unido de once días de duración. O billete de ida e volta compreino en Ryanair, compañía barata ben coñecida por todos.


O avión chegou cunha hora de retraso ó aeroporto británico de Stansted, non sería grave se non tivese comprado un billete con destino Edimburgo que saía nese espazo de tempo que tiña reservado para facer os típicos trámites de recoller a maleta, ensinar o pasaporte, etc. A todo esto, no aeroporto estaban a esperarme o meu irmao Miguel e Claire. Con esta última foi con que viaxei polas terras de Escocia.



A primeira parada foi Edimburgo. A viaxe en tren foi moi cómoda. Eso sí que era un tren. A estación de tren desta cidade está no medio da mesma, de feito nada máis sair o primeiro que se ve é o castelo.





Unha vez na rúa coas maletas, maravillados polo bo tempo e a cidade, poñémonos a camiñar polas rúas pra atopar o hostel no que íamos aloxarnos durante a nosa breve estancia en Edimburgo. O lugar en cuestión está ao ladiño de Princess Street (algo así como a High Street de Edinburgh). Daba a impresión de estar nunha casa okupa, aínda que unha vez pasadas dúas horas un quere quedarse alí dentro toda unha vida. O ambiente e a xente é tan especial que só desexas que se deteña o tempo. www.edinburghbackpackers.com Na recepción traballa Javier, un rapaz de Zaragoza que se portou moi ben con nós. Unha forte aperta para él, para Jorge e para o resto de españois que alí vivían.




Deixamos as maletas nas habitacións e abandoamos o hostel pra dar unha voltiña pola noite da capital escocesa.

















Despois de cear no Macdonald's máis asqueroso do mundo, voltamos ao hostel para preguntarlle á xente onde había festa esa noite. Dixéronnos que eles ían ir a Calton Hill a celebrar o día de Canadá, asímesmo invitáronnos a ir con eles, aó que nós dixemos que sí. Polo camiño ata puidemos ver a rúa da escea inicial de Trainspotting.













Fin do primeiro día.

jueves, junio 29, 2006

Vacacións en Gran Bretaña

Este blog estará un pouco desatendido porque vou intentar ver ó monstruo do lago ness.

domingo, junio 25, 2006

Último xiro da Veleta


Pois sí, algún día tería que chegar. A medida que se acerca a calor ós estudios de Radio Allariz o vento deixa de soplar pouco a pouco. É por elo que A Veleta vai estar sen xirar durante unhas cantas semanas. O programa remata para tomarse un merecido descanso.

Concerto de 6PM

Este Venres día 23 de Xuño fun ver a 6PM (six post morning), un grupo bastante novo que ven de publicar a súa segunda maqueta. Actuaron no Café Pop Torgal, local algo pequeno para acoller concertos pero que ten interese en programalos. O certo é que este grupo gústame bastante, sobre todo o último que teñen grabado. Tamén teño que dicir que o grupo perde algo no directo, non obstante estivo ben. Moito grabado e con algúns instrumentos en directo. Este grupo promete, aínda que non sexan os mellores músicos do mundo teñen un talento especial para texer cancións cun sentimento especial. Cancións que se quedan na túa cabeza e non queren sair.

domingo, junio 18, 2006

Acabou o boi

Ola amigos, rematou o boi. Este ano deu moito de sí. Comezamos suave na proba, este día xa estiven acompañado polos meus grandes amigos Iván e Germán. A eles temos que sumar os nativos de sempre. O Domingo participei na obra de teatro da procesión do Xan d'Arzúa como rexedor. Entre semana moi canso. Chegou o Xoves, coa súa cea. Definitivamente ese é o día que máis me gusta. Nesa noite cando tiña pensado marchar pra casa atopeime cunha amiga que facía moito tempo que non vía. Viña acompañada por unha amiga. Unha aperta María Rosa e Saray. Esa noite acabei comendo callos no Bar Novo. ¡Que ben cociña a Angelita!. O Venres viñeron a festa dous compañeiros do meu irmao. David de Lalín e Christian Wochagg de Austria. Este último causou sensación entre as mulleres da vila. O Sábado xa foi un día de festa máis tranquilo, se ben é certo que a charanga da auga agotoume. Antes, pola tarde, fixen unha pequena aparición na TVG nun programa sobre a festa. En canto poida colgo o video en youtube. Domingo, bfff, que día, aínda dura a depresión posboi.

Nota: Moitas grazas ó Ventura polo seu dominio e control da situación metereolóxica na festa. Viva a cometa.

martes, junio 13, 2006

VIVA O BOI



Breve xuntanza cos antigos kamaradas da feira do 15, xa o dicía o canadiense "those were the days".

domingo, junio 04, 2006

fotos fotos









Aí vén o boi

Agora sí, xa non queda nada para a nosa festa. Viva o boi. Este ano volveremos ter o local da rúa castelao. Vémonos correndo o boi. Pasádeo ben. Por certo, para o que aínda non o saiba, este ano volta Xián Bobillo á corda "The Return of the King".