viernes, marzo 09, 2007
viernes, marzo 02, 2007
Nai primeriza
A gata máis bonita do mundo está preñe. As hormonas felinas da xaneira son infalibles. En poucos días a Blanquita vai ter gatiños. Quen queira algún que avise. Xa se sabe que traen bastantes e nestes animais a oferta sempre supera á demanda. Aviso que se saen á nai son moi valiosos e cazadores. Entre as víctimas desta bigotuda branca podemos atopar: ratos, ratas, paxaros, toupas, lagartos, moscas, libélulas, mantis relixiosa, etc...
viernes, febrero 23, 2007
Espejos y Reflejos
Desculpas por ter tan desatendido o blog. Mentres este espazo estivo abandoado tiven tempo de facer unha viaxe por Bélxica e Holanda (algún día caerá o Congo Belga). Visitei bastantes cidades, sempre ben acompañado. Amberes, Bruxas, Ámsterdam, Bruxelas e Lovaina. Todas moi bonitas. Tan europeas que tes que pagar a simbólica cifra de trinta céntimos de euro se queres mexar e non tes onde. People polite. Amberes, capital do diamante, cidade principal da Bélxica flamenca. Se pensas que alguén vai falarte en francés estás aviado. Foi esta a cidade que mellor coñecín e na que máis tempo estiven. En dúas palabras: campamento base. Aloxado baixo o teito amable da miña amiga María Rosa. A miña estancia comezou cunha apertura dunha botella de herbas de Zirall. Diplomacia alaricana. Foi unha semana maravillosa, destas que sempre, sempre, sempre, recordarei. Na voráxine dunha vida de estudante de Erasmus fun coñecendo xente, a cada cal máis amable. Algún galego había. Pero, non sei porque motivo, os canarios gañaban en número. Festas, ceas, excursións e moito Kebap. A comida case me mata.
Bruxas, o Allariz de Bélxica.
Amsterdam. Xa imaxinaredes o que visitei.
Bruxelas. Ide a calquer sitio menos o Manneken Pis.
Lovaina (a vella), se queres estudar nun Erasmus, marca a casilla correspondente na solicitude.
Sen máis, un bico enorme para dúas grandes amigas que fixen e non esperaba: Patricia (collares) e Mariajo. Ao resto da tropa, ¡ vèmonos no Boi!
Por certo, "o belga" de Allariz é natural de Antwerpen.
domingo, enero 14, 2007
Cara Oculta
Mítico grupo da movida alaricana dos 80-90. Polas súas filan teñen pasado case tódalas persoas que saben tocar algo en Allariz. O sábado 6 de xaneiro, xunto co meu irmao, acompañei a esta formación nun concerto que tivo lugar no Café Roi Xordo.
domingo, diciembre 24, 2006
Rancho Pony
made in allariz
.jpg)
Faime moita gracia cando se fala do feismo en Galicia. Hai moitos estudios e estudiosos do tema, pero case todos chegan á mesma conclusión, "Existen outros modelos de desenvolvemento urbanístico posibles". Sempre poñen como bo exemplo a Allariz e como malo a municipios do estilo de Maceda. Claro está que si sacas unha foto na ponte dos patos non vas ver nada feo. Pero Allariz é máis, existen lugares e outras perspectivas posibles.
domingo, diciembre 10, 2006
Fusión do núcleo

Seguimos coas entradas radioactivas no blog. Festa do boi '04, creo que foi das poucas veces que gañei algo. Nin máis nin menos que o xogo do carro. Temos na parte dianteira a Alves e ao Lochi (verdadeiros campeóns da proba) e por detrás ao Cousteau e as miñas pernas. As alpacas de herba seca impediron que se vexa a miña cara. Que lle imos facer. Por certo, tamén estaba por ahí o Ramón.
viernes, diciembre 08, 2006
Polonio 210
Lendo a prensa entérome de que xa lle deron sepultura a Alexander Litvinenko, protagonista da novela policíaca destes días que se segue con grande interese medio mundo. Baixo fortes medidas de seguridade, o féretro está especialmente diseñado e sellado pra que non se fuguen restos de radiación e non supoña un perigo añadido. Agora descansa no cemiterio londinense de Highgate. Na miña última viaxe ao Reino Unido empeñeime en visitar este lugar por ser un punto moi importante da arquitectura funeraria mundial. Aparte do cemiterio, a zona é preciosa e moi tranquila, de feito parece un pobo, a maior parte das casas non teñen máis de dous pisos de altura. Preguntando á xente residente no barrio, enterámonos de que George Michael vivía por alí preto. Highgate, alí tamén descansa Karl Marx e milleiros de persoas non tan coñecidas. Chamoume a atención de que había moitas tumbas de comunistas iraquíes que morreron no exilio londinense, case todos antes da caída de Sadam.
jueves, diciembre 07, 2006
The whole of the moon
jueves, noviembre 30, 2006
Laura Veirs
O Mércores 29 de Novembro acudiu unha delegación alaricana á Sala Iguana (Vigo) para ver en directo a unha das artistas máis destacadas destes últimos anos. Falo de Laura Veirs, compositora e cantante norteamericana que ven de editar uns cantos discos a cada cal mellor. O último foi un bombazo no 2005. Himno tras himno, disco DEZ. Folk, indie, pop, unha maravilla. En Vigo presentouse acompañada dun batería. En realidade Tucker Martine, tamén productor dos discos e segundo o meu irmao mozo da artista, polo menos despois do concerto que deu en Londres e él tivo ocasión de ver. O ambiente na Iguana era bo, pouca xente, máis ben parecía a grabación dun programa dos concertos de radio 3. O tema é que para min faltaron moitas cancións boísimas, pero ben, agora que xa estou menos enfadado pola escolma do repertorio, o certo e que tocou unha canción que non me esperaba "Cast a hook in me" e por suposto me encanta. Non sei se esta muller voltará por Galiza. Esperemos que sí e que veña co sonado pianista que a acompaña en moitas ocasións. Botouse en falta unha banda en condicións levando parte da música. Non obstante, gustoume.
sábado, noviembre 25, 2006
River of Sorrow
Non vou entrar no debate de se internet é bo ou malo para a música. O certo é que este medio foi quen de facerme pasar un día moi feliz. Atopei un momento sonoro da miña vida que vivín nun concerto de Antony & the Johnsons en Londres. No medio da actuación saiu o mitiquísimo Marc Almond (Soft Cell) e interpretou "River of Sorrow". Momentazo. Esta canción aparece tal cual como foi no Queen Elizabeth Hall a noite do 16 de Abril de 2005, recén estreado o disco que lle deu a Antony Hegarty a sona mundial.

Vaia dous
lunes, noviembre 13, 2006
Magosto 06 - Live in Paicordeiro
Tempada de magostos, chourizos, criollos, churrasco e castañas. Magosto montuno total nos muíños de Paicordeiro. Primeiro estivemos probando o Vespino que merquei.



Un bo lume precisas se queres comer.

Yosi (o can), saltou o valado e uniuse ao magosto.

O parrillero de sempre, o amigo Alves dándolle voltas á carne.
E por último, a brincar.
sábado, noviembre 04, 2006
Claire's Birthday
miércoles, octubre 18, 2006
Imaxes

A Torrot City vai ter que esperar unha tempada no garaxe. O do depósito vai pra largo, ten óxido e eu son un home mentalmente motorizado, asi que en breve voarei sobre un vespino.

A miña nai volvendo do traballo ás 15:30.

Cartel de L-A COSA, o outro día falando con Maria Rosa fíxome lembrar un concerto no Café Camper de Allariz, estivo presente. O cartel do concerto dese día era igual ao que vedes arriba, tan só coa diferencia da data e lugar. Unha aperta forte aos antigos compañeiros desta formación.
domingo, octubre 15, 2006
jueves, octubre 05, 2006
Radio Allariz TV
Ola amigos, por increíble que pareza é certo. Xa existe Radio Allariz TV. A mala noticia é que só pode verse pola televisión por cable que hai instalada en Allariz. E o malo tamén é que, como moitos sabedes, esta televisión por cable só a reciben algúns veciños do casco histórico e pouco máis. Se vedes por ahí un cable verde e negro pegado á parede dalgunha casa, sabede que por ahí dentro está Radio Allariz TV.
martes, octubre 03, 2006
Aumenta a colección
Como ben sabrá quen me coñeza, unha das miñas aficcións máis vistosas e sonoras e a da música. Hoxe merquei uns cantos Lp's que pasan a engrosar a humilde colección dr. Xurxo. Entre o que adquirín está unha xoia de disco, "Wheels of fire" dos CREAM de toda a vida. Tamén o "fisherman's blues" dos Waterboys, Eurythmics, Pet Shop Boys, etc. E pola compra dos vinilos agasalláronme con dúas cintas: The Verve "Urban Hymns" e Los Berrones "lo tuyo cómo ye?".




Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























