miércoles, marzo 24, 2010

Adoro Portugal

Un día voltando do traballo, escoitando Asuntos Propios, Javier Limón contáballe a Tom e Toni Garrido o emocionado que se sentía cada vez que escoitaba a esta fadista. E digo fadista e non cantante porque pra ser o primeiro hai que telos moi ben postos. O bo de que sexa portuguesiña e non da Angola é que actúa moito no país veciño e sempre hai máis posibilidades de poder escoitala ao vivo.

miércoles, febrero 17, 2010

REALISM


Pero como me gusta o último disco de THE MAGNETIC FIELDS. Esperemos que o noso santiño nolo traia no Xacobeo.

lunes, febrero 08, 2010

Living in the Material World


Unha canción que sempre me gustou.

jueves, febrero 04, 2010

Todos os políticos son ¿iguais? ...

... pero terían que ter un panel informativo que os acreditase como tal. Porque semella que aínda queda esperanza pra crer nalgunha xente, polo menos esa foi a impresión (grata) que me causou José María Mendiluce. "El amor armado" (Planeta, 1999), un libro que fala sobre a vida, nobres principios e un compromiso inalterable e permanente. Soupen del de casualidade, buscando outro.

martes, enero 19, 2010

HAREM SUARE


El agua y el fuego. La sombra y la luz. El día y la noche son como la juventud y la vejez, parecen muy diferentes pero en realidad no lo son. La juventud es el pasado de la vejez y la vejez es el futuro de la juventud. Una nueva mujer llegó al Harem ...

lunes, enero 18, 2010

A remark you made

Xa facía tempo que non escoitaba esta canción. Weather Report, inigualables e todos o sabemos. Heavy weather pode dicirse que foi o disco que os catapultou máis se cadra. Esta balada atópase nese LP. Un disco atípico. Xa a súa portada o é. Un discazo. Jaco Pastorius no seu mellor momento, polo menos aínda non estaba perdido e nótase. Esta noite toca escoitalo máis dunha vez.

domingo, enero 10, 2010

EL HOMBRE QUE PUDO REINAR

Kafiristán, o reino sen rei. Ata que chegaron dous amigos buscando unha boa xubilación. Un peliculón.

miércoles, enero 06, 2010

O VIDEO ENTEIRO


Qué listo foi que usou unha Polaroid.

sábado, diciembre 05, 2009

Aquela Galicia

Teño que ir vela, na Coruña ata Febreiro.

martes, noviembre 17, 2009

Como nos gustaba el synth-pop ...

Unha perla. Voulle adicar esta entrada ó meu irmao, porque imaxino que lle gustará, moi na liña dos Postal Service e a belísima Imogen Heap. No videoclip de Fireflies (exitazo number 1 in the USA) saen mogollón de cacharros pero hai un que lle serviu a E.T. para comunicarse cos seus parentes máis cercanos. Falo do mítico Speak and Spell, un xoguetiño laranxa co que se divertían os nenos angloparlantes de medio mundo, por certo, moi educativo. O de sempre, a escoitalo e a ser máis felices.

Capitán Pirata


Grandes recordos. Espinete e compañía. Esta canción en especial era a miña preferida. Non a escoitaba dende que tiña 6 ou 7 anos pero aínda recordaba perfectamente a súa melodía.

miércoles, noviembre 04, 2009

Ctrl+C // Ctrl+V

Os estudiantes daneses poderán usar Internet nos exames finais. Non obstante, prohibido chatear e enviar mensaxes. Que avanzados son os países nórdicos. Permitirase algún día nas oposicións? Se cadra, con este sistema, moito inepto con plaza a dedo non aprobaría. Ánimo Dinamarca.

lunes, noviembre 02, 2009

Corda vai, corda ven.


Salto con corda baixo o viaducto do tren ó seu paso pola cidade de Pontevedra. Verán 2009.

martes, octubre 27, 2009

Cine Karadzic

A miña pequena recomendación ó xuíz do tribunal para os crimes de guerra da antiga Yugoslavia. Proxectar en pantalla grande e se é posible en 3D este documental. Que oportuno tamén que o xuizo sexa en Holanda, volverá pasar o mesmo?

WebIslam

lunes, octubre 26, 2009

A importancia dun bo slogan

A primeira vez que escoitei o nome deste grupo foi pola boca de Fernadisco, vai ti saber cando, presentando a súa famosa lista de éxitos. O caso é que de forma inesperada un disco deste famoso dúo chegou ás miñas mans esta fin de semana. Idlewild é o traballo, xa do ano 1988. En canto cheguei a casa púxeno no plato. Ás veces pasa, que tes unha pila de discos e tes que escoller un. Ás veces pasa que ese vinilo que comezas a escoitar faiche DIOSSSS, discazo. E non o esperas. E mellor que non tiveras previsto facer algo porque tes que escoitalo e deixar aparcado todo aquelo que tiñas planificado. Unha boa recomendación pra esta semana. Conseguide, polo medio que consideredes mellor, este discazo. Escoitádeo e a ser un pouco máis felices.