A primeira vez que escoitei o nome deste grupo foi pola boca de Fernadisco, vai ti saber cando, presentando a súa famosa lista de éxitos. O caso é que de forma inesperada un disco deste famoso dúo chegou ás miñas mans esta fin de semana. Idlewild é o traballo, xa do ano 1988. En canto cheguei a casa púxeno no plato. Ás veces pasa, que tes unha pila de discos e tes que escoller un. Ás veces pasa que ese vinilo que comezas a escoitar faiche DIOSSSS, discazo. E non o esperas. E mellor que non tiveras previsto facer algo porque tes que escoitalo e deixar aparcado todo aquelo que tiñas planificado. Unha boa recomendación pra esta semana. Conseguide, polo medio que consideredes mellor, este discazo. Escoitádeo e a ser un pouco máis felices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario