sábado, abril 22, 2006

Benvidos ó blog do Doutor Xurxo


Ola a todos. Quero darvos a benvida ó meu blog, esta cousiña de internet que está tan de moda. Neste diario contarei as principais cousas ligadas co meu mundo extra-profesional, extra-vital e extra-sensorial, o que me ten atado desde os 11 anos aprox. (se mal non lembro foi nun nadal dos 90), o mundiño da radio local e musical propio, tal como o interpreto. Os que xa me coñezades, diredes, bfff a última barrenada do "gemelito". Os que non, dirán, umm confundinme de páxina web.

O tema é que este é o blog do curso de xurxo, unha sección musical que realizo na Veleta (a mellor música do planeta), un programa que se emite en Radio Allariz. O Doutor Xurxo, así son coñecido neste espazo, aínda que o meu nome artístico completo é Xurxo Barbosa (ex- a feira do 15, entrevistas de...). Esta sección pretende dar a coñecer grandes nomes da música esquecidos ou ben coñecidos que non terían moita cabida noutra estación radiofónica (agás a miña querida radio 3). Cada semana publicarei o falado na Veleta, para que quede constancia nos hipertextos de internet. En fin, despois de todo esto, xa non teño máis que dicir.

Podes escoitar "A Veleta" os Luns en directo a partir das 19:00 h do serán no 107.2 fm, Radio Allariz. Tamén na web http://www.allariz.com/radio/.

EGO DIXIT

No hay comentarios: