sábado, mayo 06, 2006

Visita a Santa Cruz

O outro día, penso que foi o Domingo 30 de Abril, tiven a oportunidade de visitar o monumento máis friki que vin na miña vida de existencia paisana galega. Despois de sair maravillado do Santuario das Ermidas, fumos topar cunha enorme cruz de cemento pintada de branco. Ó principio dixemos, " e eso? ". O diseño é tipo Val dos Caídos pero sin connotacións políticas. Unha especie de montaña que pretende ser un punto de reclamo turístico sumándolle toque místico e máis algo hortera. "Si el bosque se quema arde el ecosistema". Indo dirección A Rúa podedes atopar este SINGULAR espectáculo, todo elo adornado de bandeiriñas e leccións de educación ambiental. No municipio de Santa Cruz. Como di o seu creador, "que mejor monumento para un pueblo que se llama santa cruz". Está todo feito por Manuel González Rodríguez, home místico cunha misión trascendental que ningún de nós pode entender e cun certo parecido a aquel individuo que facía unha catedral nun anuncio de Aquarius. Fun co meu kamarada Alves. Impresionante.
www.stcruzmiguelfer.de

1 comentario:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Eu tamén piquei. :o)
Invítote a ver o post que fixen